Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A fiestra do horrores

jueves, 16 de diciembre de 2010
Estando abstraido cuberto dunha brétema inexistente no salón da miña casa… nun bar que hai preto dela, vánseme os ollos ó chisperrar incesante da fiestra das miserias: nela vese un home a cabalo, vestido de extranxeiro; dicíndolle ós que queiran escoitalo, do seu orgullo de ser galego ao tempo de convidar aos mesmos, a estalo tamen; màgoa de cabalo, eu que soio dispoño dun velosolex, non poido chegar máis alo de selo de La Curunña de Maria Gallina; non confundir con aqueles que son da Coruña de Maria Pita, esa roxa que botou ós ilustrados na lingua na que é versado o seu pio rei das tartas.
Voltando á fiestra onde se insulta á intellixencia: despois da galopada, mostran nela un fato de fatos facendo fatadas, dun altruismo mexiriqueiro pretendidamente galego, que non se sabe a cencia certa si viaxa en cabalo ou en velosolex, nin creo que ninguén saiba tampouco si se come con culler ou con garfo … que maneira de aldraxar a realidade dun pobo; un pobo onde moitos, coma min, por exemplo, que non sendo orgulosos nin vergoñentos de ser galegos, xa que simplemente somos galegos, o que non é unha razón de raza e sí de cultura; o que quere dicir confundirse co terreo, galego niste caso.
Istes antropo-amorfos habitantes da fiestra da vergoña; non sei se son imbéciles ou se o que pretenden é que nos avergoñemos de ser galegos .. Non o conseguirán. Neste país estamos fartamente habituados ás invasións desnoroestadas.

Barón de Erbón Xan da Tolda
Luaces, Xaime
Luaces, Xaime


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES