Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Relatos invisibles

lunes, 13 de diciembre de 2010
Hai uns anos que traballa no meu centro a doutora Pilar Gallego que, a pesar do seu apelido, é aragonesa. Temos unha boa relación profesional, baseada no respecto mutuo. Hai uns meses entrou na miña consulta e díxome, de fronte e sen preámbulos: "Así que ti es escritor e eu non sabía nada". Tentei explicarlle que en realidade vivo da miña profesión de médico e que a escrita vén ser unha ocupación ocasional. "Se tes libros publicados es escritor e xa está", sentenciou, e non fun quen de contradicila.
Contoume que o seu home tamén escribe e que estaba na busca de editor para o seu primeiro libro. Tróuxome un texto fotocopiado asinado por Fernando Pérez Martínez. O primeiro que se me ocorreu foi indicarlle que tiña que cambiar o nome. Non se pode ter un espazo no mundo literario con apelidos tan vulgares. "Mira en Google". Fixemos a proba: máis de 300.000 entradas co mesmo nome. Esa mesma tarde comecei a lectura do libro, que me enganchou desde o primeiro párrafo: "Seamos optimistas; en el mejor de los casos, la vida es una mierda". Con este inicio escatolóxico só se pode agardar un feixe de lixo ou unha obra extraordinaria, e coido que se trata da segunda opción.
Aos poucos días quedei co autor, xa convertido en Fernando Ontañón, para tomar unha cervexa e falar de libros. Compartimos o aprecio por algúns escritores (John Cheever, Raymond Carver, Don DeLillo, Rafael Chirbes, Muñoz Molina), e animeino para que publicase os seus textos. Non son experto en crítica literaria, pero teño dedicado moitas horas á lectura. Podo asegurar, sen temor a equivocarme, que estamos ante un autor importante, posuidor dun universo narrativo propio e dun grande dominio da linguaxe.
Relatos invisibles acaba de ser publicado estes días (Ediciones Carena). Volvín ler estes contos, encadeados por un elo imperceptible, e reafírmome na miña primeira opinión. Trátase do primeiro libro dun excelente escritor, no que aparecen os temas eternos da grande literatura: a paixón, o amor, a morte. Nun clima onírico e turbador esta obra reflicte a vida cotiá, atravesada por un fío de misterio: os primeiros amores, os amigos da infancia, o sexo turbio, os conflitos familiares, os rancores alimentados, as rutinas laborais. Un feixe de personaxes desconcertados na busca de seu destino que debuxan de forma maxistral a perplexidade do mundo de hoxe. Unha lectura moi aconsellable para estes días de Nadal..
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES