Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un conto de nadal sen neve

jueves, 09 de diciembre de 2010
Un conto de nadal sen neve Esta historia é un conto de nadal sen neve, unha historia das que acontecen cada día neses países que nos parecen afastados, pero que en realidade están na fronteira do noso corazón.
Sarina perdera a súa filla había xa uns días. Unha mala hora da semana anterior, cando regresaba do mercado, observou como o lume inimigo o envolvía todo, non puido ver máis que dúas persoas maiores que malferidas se afastaban como podían daquel barrio en entullos fumegantes. Varios días buscando desesperadamente a súa filla Nyka remataron con todo indicio de esperanza e deixárona extenuada e ao bordo da morte. Varias persoas que viñan doutras situacións similares, cominárona a unirse no seu éxodo cara ao campamento de refuxiados na fronteira, pois tiñan a certeza que morrería en moi pouco tempo.
Unha vez alí, foi adaptándose pouco a pouco ás súas condicións de vida, ata que decidiu regresar de novo e reconstruír coas súas propias mans aquela casiña que era o único vestixio espiritual mediante o cal podía sentirse aínda coa súa filla Nyka e comunicar o seu corazón cos pais e avós que lle legaran aquel o seu fogar. Cando xa tiña a maior parte da pedra e madeiras retiradas daquela montaña de entullos, puido oír algo como o xemido dun can no subsolo. Sen descanso algún, continuou aínda con máis ansias a esgotadora tarefa, berrando: cadeliño, cadeliño¡ Por fin unhos ladridos oíronse con nitidez tal, que dun pequeno oco un chucho alegre e deslucido apareceu movendo o corpo contento e nervioso, á vez que ladraba incesante cara ao interior. Sarina notou unha luz no corazón e como toleada escavou ata que as súas mans sangraban, e así ata que moi no fondo, nun oco entre varios cascotes encontrou o corpo da súa filla aínda con vida, que non puido por máis que ofrecerlle un leve sorriso e murmurarlle: ¡levame ate á luz¡ antes de desmaiarse nas súas mans. Con moitos esforzos e coidado, ela foi levándoa cara a fóra. Unha vez alí reanimouna e deulle auga.
A nena foi contando a súa nai, como naqueles días a tivo sempre ao seu lado, sentindo as súas palabras de ánimo e recordando o seu cariño. Y de como aquel can descoñecido, sen saber como entraba e saía, viña sempre a compartir alí con ela a comida que buscaba entre os entullos. Sempre estiveron xuntas como agora o están, e iso salvounos. A partir de aquí seguiron loitando xuntas no país dese mundo que lles tocou vivir e, acompañadas daquel incrible can ao que Nyka chamou Laly, fixeron historia.
Lo Marti
Lo Marti


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES