Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O amor

jueves, 09 de diciembre de 2010
Chámome Delmiro e vivo na Cazolga. Polas tardes sempre visito o meu amigo Amadeo, home rico e con moitos libros na biblioteca do seu pazo. Alí aprendín a ler.

Polas mañás reparto o leite na vila de Lourenzá, nas casas dos ricos, que che son ben diferentes de Don Amadeo. Levo o leite a casa do veterinario, do médico, do cura, do alcalde…

Todos me poñen algunha pega, menos na casa do veterinario donde a criada recolle o leite e sempre me da un anaco de pan con chocolate. E a casa que máis me gusta do reparto. Un día festivo cheguei coma sempre repartir e non apareceu a criada, senón a moza mais guapa da vila, ou iso pensaba eu. Ese día non comín chocolate, pero era igual, sentira algo tan bonito no meu corazón que non sabía por onde entrara, polos ollos, polas orellas, pola boca…

Cheguei a casa e conteillo a miña nai, ela miroume e dixo berrando un pouco: - esa non, para esa non mires, tes moitas para quen mirar aquí na Cazolga.

Don Amadeo contoume que a señorita estaba a estudiar o Bacharelato en Mondoñedo, solo van os ricos, ela ven a casa os domingos, pola semana queda nunha residencia feminina cos monxas. Din que é moi lista e que no futuro terá unha boa carreira.

Don Amadeo ía todos os domingos a vila e cando cegaba eu esperaba sentado na soleira do pazo para preguntarlle pola rapaza. El contábame como ia vestida, como era o seu peiteado…e mentras eu maquinaba en como podía facer para volver a vela e falar con ela. Na casa nada podía decir, so quedaba Amadeu, así que tiña que contarlle o que eu quería a ver se me podía axudar, el sempre o fixera noutras ocasións, pero claro que o asunto era ben diferente.

Armeime de valor e conteillo. Amadeo ben se deu de conta pero o problema eran meus pais, eles non permitirías que eu fose os domingos a misa a vila porque podía ir a capilla da Cazolga que tamén había. Que podemos facer?

Xa sei ¡ dixo Amadeo: - Imos probar coa música. Empecei a tocar un instrumento, e todos os días ensaiaba un pouco, ata que dominei o instrumento: unha trompeta de Don Amadeu que parecía de ouro do que brilaba.

- Agora si, agora imos falar cos teus pais e todos os domingos irás conmigo tocar a banda. O diretor da banda é amigo meu e está dacordo en que formes parte dela. Este será o motivo polo que irás todos os domingos a vila e verás a señorita Esther. A ela gústalle escoltar a banda dende que sae da misa.

Amadeu agasalloume con dous traxes que trouxeran os seus das Américas cando estiveran por alá, quedaran colgados nun dos armarios do pazo sin que ninguén os estreara. Probei os traxes e a criada subiu os pantalóns que eran un pouco longos, pasoulles o ferro ata deixalos que parecían mercados na tenda de Cabrito. Pero faltaban os zapatos, o meu amigo non tiña número para min, e en zacas non podía ir.

Cando veu o coche da venta ambulante ó pazo, mercáronme uns zapatos, tamén duas camisas e unha garabata. Parecía todo un pincel.

Chegou o día e toquei na banda, alí estaba ela mirando para min e escoitando a música.

Así empecei a falar co mociña e a darme a coñecer como músico e non so como repartidor do leite.

Foi pasando o tempo e Don Amadeo viu que me gustaba estudiar e falou cos meus pais, correu cos gastos e mandoume tamém a min estudar a Mondoñedo. Xa empazaba a estar cada vez mais cerca da miña amada. Empezamos relacións e eu escondíame dos meus pais, non lles contaba que tiña moza.

Un día enfermou a vaca marela e o veterinario Don Carlos foi a casa. Despois de ver a vaca sentou un pedazo no escano da lareira e contoulles os meus pais que era o mozo da sua filla.
Díxolles que nas cousas do amor os pais non deben meterse, que teñen que ser os fillos quen decidan, eles poden aconsellalos únicamente. Amadeo fíxose un ancián, e eu casei con Esther. Vivo no pazo e coidámolo ata que morreu fai uns poucos anos,
os meus fillos foron coma netos para Don Amadeo, Herdaron o pazo e todo o capital. Hoxe son eu o médico da vila e a miña muller a farmacéutica. Seguimos tomando o leite da aldea pero somos nos os que imos buscalo, non queremos que un neno faga este traballo cando sabemos que donde ten que estar é na escola.
Lillo, Codés
Lillo, Codés


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES