Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Controladores controlados

miércoles, 08 de diciembre de 2010
A firmeza dun goberno satisface ós gobernados. A decisión do goberno de militarizar ós controladores aéreos caeu como auga de maio sobre un panorama desolador dun espacio aéreo pechado que nos alonxaba do mundo e ofrecía ó exterior unha imaxe patética.
Controladores e pilotos téñense evidenciado cabezas visibles do control dunha situación que ten que estar sempre na man da autoridade e das institucións competentes para garantir o funcionamento dun servizo público que na actualidade é imprescindible.
Se en tempos o transporte terrestre ou marítimo era suficiente para garantir unha normalidade nos desplazamentos das xentes, na actualidade por moi veloces, seguros e completos que resulten, nada funciona se o transporte aéreo non funciona.
Cabe supoñer que cando un goberno toma unha decisión de este tipo ten da súa parte todo o entramado legal, que conta cos informes respectivos, e que nada se opón á legalidade da decisión.
O que se lle pide a un goberno é que tome decisións, especialmente naqueles temas que afectan máis directamente ós cidadáns. Neste caso, a opinión pública respirou tranquila diante da decisión tomada.
Con independencia de que as autoridades son os que teñen que decidir sobre os temas que nos afectan a todos, sempre é máis doado acatar decisións que veñen emanadas da autoridade competente, que situacións creadas por un colectivo que defende intereses de clase que só ó colectivo afectan e interesan.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES