Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Reflexión sobre a discapacidade social

viernes, 21 de mayo de 2004
O ben común máis grande que acadou o xénero humano durante o seu desenvolvemento ata o día de hoxe, é a consagración de dereitos fundamentais como a igualdade, o dereito a pensar e a ser diferentes en ideas, credo, sentimentos e formas de vida. A pesar de que a realidade social non é coherente con estes principios, existen e deben ser aplicados.

As paradoxas da modernidade prantéxannos que cando gozamos de máis ferramentas para construír equidade, existen abismos maiores de iniquidade e exclusión. A ciencia e a tecnoloxía na súa esencia son instrumento para a equiparación de todos. Pero é evidente a brecha entre os que aproveitan a plenitude e os que están excluídos do seu uso: estamos a construír sistemas de vida excluíntes. Vivendas, vecindarios, servicios públicos, sitios de diversión, transportes, cidades e entornos que impiden a participación de todos, aínda que o mundo xa avanzou o suficiente como para permitir construír sistemas de vida integrais que serven por igual e dan participación a todas as persoas con infinidade de diferencias. (Son útiles por igual para persoas que camiñan ou os que se mobilizan en cadeiras de rodas. Para persoas que ven ou non. Para quen oe ou persoas xordas. Para os superdotados ou que ten unha deficiencia psíquica ou cognitiva)

Cabe logo pensar que se é certo que dispoñemos de instrumentos suficientes para posibilitar esta convivencia integral, o que está fallando é a capacidade social de interactuar cun mundo cada vez máis xeneroso en ferramentas de participación e en liberdades individuais para o exercicio de vida independente dende tódalas diferencias.

Non se explica pois, que cada vez que “os diferentes” saímos á rúa e tentamos levar unha vida normal nos vexamos na obriga de reivindicar o noso dereito á igualdade e á plena participación, e tratando de persuadir ás persoas do entorno de que acepten a nosa presencia como algo digno e lexítimo.

¿Quen me explica a min por que un bebé ou un adulto “normais” teñen dereito, nun hospital público, ou sexa, de todos, a un pañal da súa talla, e non un neno de 8 anos con etiqueta de minusvalía, se o requisito para poder usar un pañal é o de carecer de control de esfínteres? ¿Por que nese hospital público se habilitan baños onde só poden facer fronte ás súas necesidades de hixiene os nenos de 8 anos que camiñan erguidos, e non os que se desprazan sentados? Non será por criterios de rendibilidade, posto que nos aseos accesibles poden entrar tamén os pacientes erguidos... Por favor, reflexionemos.

Colectivo AdianteXá
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES