Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O papel dun deputado

jueves, 02 de diciembre de 2010
Cando votamos en calquera das eleccións, e concedemos graciosamente o noso respaldo a unha lista determinada e ós membros que figuran nela, otorgamos unha confianza ilimitada -voto de confianza- a ese grupo de persoas que van representar os nosos intereses máis altos e máis básicos durante un determinado período de tempo e un ámbito de actuación.

Por eso coidamos que esa confianza, esa entrega do noso maior tesouro, debe ter unha axeitada contrapartida, e xa que os nosos representantes non pode defender todos e cada un dos nosos intereses particulares, han de volcarse na defensa dos intereses da comunidade, con uñas e dentes, esquecendo intereses particulares e partidistas, e mantendo en todo momento a compostura propia do seu cargo.

Temos demasiados exemplos de políticos que non están á altura das circunstancias, pero hai que recoñecer – aínda que nada diga esto ó seu favor- que é difícil manter o tipo en todo momento, e que tampouco os partidos están sempre "finos" na elección dos componentes das listas.

O Parlamento galego deu hai poucos días un mal exemplo do que un deputado pode chegar a aparentar ou ser, soando na cámara – que os votantes consideramos sagrada- palabras que nunca deberon ser alí pronunciadas.

Que alí se lancen entre si as súas señorías imprecacións como "sinvergüenza", "mentiroso" ou "cínico" falan non moi ben dos que están chamados a darnos exemplo de palabra e obra. Certo que non se caen os estrados nen se rachan os teitos do hemiciclo, pero se este é o vocabulario do Parlamento, ¿qué nos queda para unha discusión de taberna?. Saber que estas palabras se pronunciaron no calor dunha discusión sobre profesións, empresas, ingresos, actitudes dos señores e señoras deputados, non axuda moito, senón ó contrario.

Do mesmo xeito que nas empresas fanse ás veces xornadas e cursiños de reciclaxe para o mellor funcionamento do equipo de persoal, no Parlamento habería que facer unhas xornadas de bós modais, de sentidiño e de comportamento, por ben de todos. Noso, e deles.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES