Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Orodes magna novitate

jueves, 25 de noviembre de 2010
Os tribunos montados no estrado deixanse agasallar con condescendencia, dos vitores algareados dunha pleble abafada… ada… ada… ada… quen semella que, mais que remitirllos, arremétellos; namentras agarda o convite dunhas castañas.

Os receptores das aclamacións, empolincados na árbore da groria, fútil altor fisico-moral, apoian eles tamén, a modo de esperpéntica cla, tal orgástico festín de aleluias.

Do grupo do palco, que a falta de instrumentos musicais ten tódolos aires dun conxunto músico-vocal norteamericano dos anos 1954 a 1958, salientan dentre eles, polo seu ancho, o magno emperador do país dos balados, e polo alto, o pequeno, e endémico pelota diste tipo de personaxes; home pequeno e pequeno home, calvo ou con poucos pelos quen nun arrebato de histeria convulsiva, desata, sen denuedo, a súa furia oratoria: Aleluia! Aleluia! «Orodes magna novitate»

Un pequeno grupo preto do palco dos regocixos: axeonllase -falsa alarma-. Un de entre eles, comercial de máquinas come-cartos, ven delle desfondar un dos petos. Aqueles lombos curvados prefiren apañar dos cartos alleos en euros, que dunhas miaxas dos seus convertidos en castañas. Os restantes, que non chegaron a prender do mineral rodado, tiran de astucia para, de entre aquela banda estornica, envorcarse sobor da mesa gornecida dos despoxos dos seus impostos en forma de castañas.

Un vello sabio ali presente marmuraba: istes condanados cómenche o porco e logo invitante a roer os osos do rabo.

O Barón De Erbón (Xan da Tolda)
Luaces, Xaime
Luaces, Xaime


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES