Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Diabetes

martes, 23 de noviembre de 2010
Vense de celebrar o anual Día Mundial da Diabete, unha das enfermidades máis silenciosas e xeralizadas, xa que en Galicia calcúlase que afecta ó 8 por cento da poboación, arredor de 300.000 persoas.

Considérase á diabete como a antesala de moitas outras enfermidades, que se ven propiciadas polos estragos que esta enfermidade orixina no organismo. Trátase dunha doenza incurable, baseada no incorrecto tratamento que o organismo fai cos azúcares, de xeito que só unha dieta rigurosa, o exercizo físico ou o tratamento con insulina fan posible unha existencia relativamente normal.

Os afectados pola enfermidade teñen que facer frecuentes análises da presencia de glicosa no sangue, cun pinchazo e a colocación dunha gota de sangue sobre unha tira reactiva que sinalará a proporción de azucar no torrente sanguíneo.

Pois a Seguridade Social non tivo mellor ocorrencia que celebrar o Día Mundial da Diabete retirando a gratuitade destas caras tiras reactivas que os diabéticos precisan con asiduidade.

Ninguén dubida que a Seguridade Social se ve afectada polos ventos da actualidade económica, pero esa mesma crise afecta tamén ós enfermos de diabete, e non teñen porque sufrir as decisións súbitas e interesadas do organismo que pode aforrar en moitos frentes sen perxudicar ós que bastante teñen coa súa enfermidade para sufrir un custo importante por un necesario elemento do seu tratamento diario que ata agora viña sendo sufragando polo ente público.

A Diabete é unha moderna plaga, propiciada polas dietas desaxustadas e polos xeitos de vivir actuais, pero unha vez adquirida non é reversible, e será compañeira do enfermo mentras viva. Ben fará a Seguridade Social en dar marcha atrás nunha decisión tan gravosa, antes de que o colectivo de diabéticos se lle plante, e con razón.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES