Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quen teme ó poder dos votos

jueves, 18 de noviembre de 2010
Parece que o tema é meridiano, se temos en conta que o natural dunhas eleccións é que quen obteña máis votos sexa o que goberne a institución.

Así, nas próximas eleccións municipais que proporcionarán gobernos ós concellos galegos para catro anos, debe ser o electorado o que se pronuncie, e o seu veredicto debe primar por riba de calquera outra consideración política ou persoal.

Había a esperanza de que os partidos políticos maioritarios tiveran aprendido a lección e non houbese dificultade para pórse de acordo sobre a gobernabilidade dos concellos, de xeito que gobernase o grupo poítico que contase co favor de máis electores. Pero ata agora non se ten chegado a un acordo a pesar de que aparentemente tanto o PP como o PSOE estaban plenamente interesados en normalizar situacións e, sobre todo, que non se repetiran difíciles pactos que arredasen dos gobernos á forza política gañadora dos comicios, ainda que non tivera obtido a maioría absoluta.

Nos partidos xogan forzas contrapostas, e fronte ós que consideran que a formación política máis votada é a que ten que gobernar, están os partidarios dos xogos da política, propiciando maiorías gobernantes en detrimento dos que gañaron as eleccións por pouco. Remediar estas situacións cun acordo previo de gobernabilidade a cargo da forza maioritaria, evitaría desagradables situacións de transfuguismo, que non terían razón de ser nunha situación de normalidade, e evitarían o papel de bisagra de forzas que doutro xeito non terían razón de exercer como tales.

As grandes forzas políticas poden poñerse de acordo en racionalizar o voto dos descendentes de galegos non residentes en Galicia, pero un acordo deste calado parece que vai levarlles moito máis tempo, se é que están convencidos da súa bondade.

O voto dos galegos é soberano, e o resultado da suma dos votos tamén debe selo. Pero posiblemente aínda haxa que agardar un tempo para un acordo previo que garanta o goberno da forza política que gañe as eleccións. As forzas maioritarias parecen seguir temendo os resultados imprevisibles das eleccións. E sen embargo os votantes teñen razón.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES