Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pobres

viernes, 05 de noviembre de 2010
Do mesmo xeito que ser rico, millonario, non ten na actualidade nada que ver co concepto de hai anos, o ser pobre tamén evolucionou de xeito importante.

Se antes ser pobre era non ter nada de seu, sendo o máis pobre de todos o chamado “pobre de pedir”, hoxe fálase dun umbral da pobreza, e tamén de “pobreza relativa” que, sen mencionar cifras, se ven medindo estatísticamente de xeito que se sabe que en Galicia están por debaixo deste “umbral” o 19,1% dos galegos, que é máis baixo que o dato anterior que estaba no 19,5%, sen que a variación permita facer unha estimación cuantitativa do que fomos millorando na nosa situación colectiva.

Se a estatísticas atendemos, Galicia figura pola metade da taboa expresiva da tasa de pobreza das comunidades autónomas españolas, moi preto da media nacional do 19,5%, sendo os mellor dotados os navarros, con algo máis dun sete por cento de pobres e Navarra con algo máis do nove por cento, e os máis maltratados pola situación económica Extremadura, Ceuta e Melilla con algo máis dun trinta e seis por cento.

En paralelo con esta situación, sábese que os ingresos anuais por persoa son en Galicia de 9.098 €, mentras que en Navarra e no País Vasco son de 12.701 e 12.566, respectivamente, e en Extremadura de 7.551.

E aparece o concepto da dificultade de “chegar a fin de mes”, que a escala nacional se sitúa en arredor do trinta por cento dos fogares, en concreto o 30,4%, apreciándose unha melloría neste avance de datos do 2010, xa que os do ano anterior reflicten un 30,5%. E tamén, por eses misterios estatísticos, se aprecia melloría na porcentaxe dos fogares que chegan a fin de mes con “moita dificultade”, xa que agora son o 13,4%, mentras o ano pasado foi do 13,7%.

Son cifras, porcentaxes, datos estatísticos que xa nos gustaría que reflectisen unha efectiva melloría aínda que fose moi lenta, nas cifras globais desta malfadada crise que a todos afecta.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES