Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un pacto contra a despoboación

viernes, 29 de octubre de 2010
Ata agora, e con arreglo ó principio de liberdade de residencia, os trasvases poboacionais de Galicia rexíanse por reglas non escritas pero existentes, que repelían das zonas máis pobres ós seus habitantes e, ou ben os desplazaban á emigración exterior ou os “levaban” ás zonas máis desenvolvidas do país.

Resultado destes movementos foron a fortísima emigración de finais do XIX e comezos do XX especialmente a Centro e Sudamérica, e a de mediados do século XX a Europa e, dentro de España, a Madrid, Páis Vasco ou Cataluña.

Convertida en minoritaria a emigración exterior, nas últimas décadas os trasvases producíronse dentro de Galicia, desde o interior de montañas e vales cara ás zonas costeiras, capitais de provincia e cabeceiras de comarca, co resultado ostensible nestes momentos de xeito especial de zona rural despoboada, pequenos concellos ameazados de desaparición, e incremento poboacional de pequenas ou medianas capitais onde non deixan de concentrarse os galegos que buscan maiores comodidades e servizos.

Ata agora non houbo un acordo global das forzas políticas nin accións decididas das institucións, que tentaran poñer remedio a unha corrente sangría que deixará o rural -xa está quedando sen mocidade- sen habitantes.

Agora no Parlamento Galego o PP vai proponer un gran “pacto demográfico”, entendendo que hai que enfrontar dunha vez por todas o problema de despoboación, e que só desde o acordo de todas as forzas políticos é posible conseguir o froito desexado diante do que é unha traxedia social.

Pídese o asesoramento das universidades galegas para analizar axeitadamente un problema que nos afecta a todos por separado e como país, e que precisa tamén de solucións globais xa que non só é un problema económico senón que as medidas teñen que ser xerais, comezando por prestixiar o rural, os seus traballos, dignificar profesións e artesanías, e todo o que signifique poñer en valor un xeito de vida que está a morrer causando o esmorecemento de todo o país.

O pacto político sería o primeiro paso. Logo quedaría un grande camiño por percorrer. Pero se non se poñen en absoluto acordo non haberá nada que facer.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES