Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medicamentos

miércoles, 27 de octubre de 2010
Se a producción e distribución dos modernos medicamentos foi decisiva á hora de mellorar o xeito de vivir, prolongar a vida e proporcionar mecanismos sociais de loita contra as enfermidades, a extensión da cobertura da seguridade social e polo tanto dos medicamentos á case xeneralidade da poboación foi o instrumento definitivo para conseguir unha igualdade que parecía utópica.

Pero esta cobertura sanitaria de médico e medicinas resulta extremadamente onerosa para as arcas públicas, de xeito que conseguir atender a todos os enfermos do país supón un esforzo extraordinario en detrimento de moitos outros fins sociais.

Está na actualidade en tramitación no Parlamento de Galicia o proxecto de elaborar un catálogo galego de medicamentos co fin de que se produza na nosa comunidade un aforro de cen millóns de euros ó ano sobre un gasto anual aproximado de novecentos vintecinco millóns de euros.

A Consellería de Sanidade está negociando un acordo en relación cos gastos derivados dos medicamentos, para poder recetar xenéricos especialmente a enfermos de longa duración, que precisan habitualmente de tratamentos costosos e prolongados.
Preténdese adelgazar a factura utilizando xenéricos e non marcas determinadas, co que se producirá un moi importante aforro sen que se resintan os tratamentos xa que os medicamentos serán exactamente igual pero moito máis baratos.

Admitiranse marcas de medicamentos sempre que se sitúen dentro dos precios que se fixen como referencia, e se o proxecto vai adiante confeccionarase un amplo catálogo onde se poida elixir entre productos básicos axeitados para as diversas enfermidades, pero cun custo sinalado e axeitado que permita o normal funcionamento do sistema de xeito moito máis barato.

Agora só falta que a política se subordine á realidade e necesidade de aforrar neste capítulo tan importante, porque se ben a iniciativa é do Partido Popular e o Bng xa ten comprometido o seu apoio, falta a colaboración do PSOE, onde se entende que o sistema atenta contra o principio de Caixa única da Seguridade Social.

Haberá acordo, sen dúbida, porque o sentido común ten que reinar ó fin. Todos coincidimos que hai que buscar importantes aforros para sanear as contas públicas. E aquí parece terse encontrado un auténtico filón, sen perxudicar a ninguén. Aproveitalo é de absoluta necesidade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES