Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santiago Matamoros

viernes, 30 de abril de 2004
Definitivamente, a Igrexa de Santiago ponse ó día neste Xacobeo 2004.

Primeiro foi o do Santo dos Croques, actualmente xa con vixiancia para impedir que os peregrinos durante os cultos fagan cola para turrar contra a estatua do mestre Moure para que este lle transmita algo da súa ciencia e saber.

Agora, o Cabildo da Catedral ven de toma-la decisión de retirar a talla de Santiago Matamouros para evitar problemas co mundo árabe. Trátase da habitual talla que representa a Santiago a cabalo na batalla de Clavijo –onde a tradición quere que se aparecera para combater da parte cristiá- con espada e estandarte, pisoteando árabes combatentes derrotados polo santo patrón das españas.

Cabería supoñer que a retirada se efectúa por poñer as cousas no seu lugar, clarificando que é imposible a figura dun Apóstolo sanguinario combatindo nunha batalla aínda que fose no lado “dos bós”. Pero o certo é que se retira como un sinal hacia o mundo árabe, sobre todo tendo en conta que a Catedral compostelana é un símbolo demasiado visible como para andar con estas “bromas”.

Claro que moito hai que facer ó respecto. ¿Cantos Santiago Matamoros hai? ¿Cando van retirarse? ¿Qué se vai facer co que coroa a Porta de Santiago na Muralla romana de Lugo?
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES