Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desde O Preguntoiro: Camarada Díaz Ferrán

miércoles, 20 de octubre de 2010
O comandante en xefe da CEOE o “camarada” Gerardo Díaz Ferrán, o outro día saíuse de madre cunha irresponsable frase: “trabajar más y ganar menos”. Este home non ten autoridade moral para dicir semellante trapallada xa que levou a ruína a moitas das súas empresas, deixou de pagar un feixe de créditos e a moitos traballadores deixounos na rúa, pide sacrificios para os demais e el non move a palleta como exemplo.

¿Qué saberá o Díaz Ferrán sobre as trasfegas dos seus colegas que estes aínda o teñen de xefe supremo?. Seguro que os que o manteñen nese posto, son aqueles empresarios que de calma chicha e prosperidade á conta do ladrillo e o formigón deixaron a este país sen tecido industrial.

Cunha crise de cabalo deste país, o “camarada” Ferrán e algúns destes grandes empresarios especuladores que o seguen mantendo na poltrona, teñen un punto moi interesante, gastan de moreno de iate e de raios uva, bótanlle brea gominosa ás canas, lubrican a próstata en fin de semana e gastan en vicios o que lle boten..., máis no tocante á xestión das súas empresas son pésimos é, cando hai problemas, chaman a papá Estado para que solte a “guita” e seguindo coa teima de axustes ás rendas máis baixas. ¡Manda carallo na Toxa con eles!. ¿Alguén lembra ata o momento ao “camarada” Ferrán aconsellara baixar os soldos aos grande executivos?.

O “compañeiro do metal” Díaz Ferrán, nun país normal de Europa estaría na cadea pola nefasta xestión das súas empresas. Coido que no contexto que vivimos de crise en Europa, este homiño non tería o valor suficiente de dicirlle á sociedade francesa (hoxe moi cabreada) esas mesmas verbas que nos dixo aos españois.

Bo é que aínda nos queda París.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES