Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Toponimia

martes, 19 de octubre de 2010
Se os particulares e as administración teñen o deber de defender e potenciar o idioma propio de cada autonomía, esa mesma responsabilidade aínda que sexa dun xeito indirecto corresponde a todas as administracións, que teñen que respectar os dereitos lingüísticos irrenunciables de cada persoa.

Deste xeito, non só a Xunta de Galicia, as Deputacións provinciais e os concellos teñen o dereito e o deber de defender o galego, senón que ese mesmo deber téñeno organismos con competencia nacional que inciden a través dos medios informativos na nosa área lingüística e vital.

Neste caso -Madrid sempre estivo moi lonxe e a ignorancia é moi mala conselleira- o problema está ou estivo na web do Ministerio de Sanidad que no programa de Vacacións para maiores facía brotar topónimos como "Arteijo", "El Ferrol", "Grajal", "Jubia" "Rianjo", volvéndonos a tempos ben lonxanos nos que non sabiamos nin como nos chamabamos. E "Puenteareas", "Sanjenjo" ou "Carballino" foron outras tantas agresións lanzadas ó mundo.

Se membros do Bng teñen denunciado este feito, tamén claman contra a web do Ministerio de Cultura, que fala de "Junquera de Ambía", "El Bollo" u "Osera", pasando por "Lorenzana", "Caldas de Reyes" ou "Vivero" para chegar a "Puentecesures" ou "Puebla del Caramiñal"

Corresponde a todos os poderes públicos o respecto das normativas vixentes, ós de dentro e ós de fóra. Non poden os de fóra alegar a ignorancia, que tanto un como outro Ministerio teñen que ter nas súas plantillas funcionarios que saiban do noso idioma, e se non sempre poden preguntar onde corresponda antes de agredir por acción ou por omisión con nomes arrumbados hai moito tempo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES