Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Espiñeira

lunes, 18 de octubre de 2010
O martes pasado, día do Pilar, foi festa na Espiñeira, barrio de Vilaronte, situado ó remate do curso do río Masma, antes da súa desembocadura que, coa do Centiño, forman a ría de Foz. O espacio xeográfico é compartido, na súa beira oriental con Barreiros. O lugar foi, en tempos pasados, importante núcleo de actividade industrial e comercial: aserradoiros, talleres, muiños, almacéns comerciais diversos, tendas, exportación de madeiras e asteleiros e cuxo esplendor pode situarse nos primeiros anos do século pasado; daí que o 8 de setembro de 1913 o concello de Foz remitise unha solicitude ó Ministro de Fomento interesando a construcción dun muelle para depósito de mercadurías, pedindo tamén que se anunciara a subasta da vía que comunicaría o porto coa estrada de Ribadeo a Viveiro. Das embarcacións construídas naquel paraxe quedou memoria a solemne botadura do barco “Espiñeira-Mondoñedo”. O acto foi todo un acontecemento social, do que participou unha multitude de persoas “realzado por la presencia de bellísimas señoras y señoritas, elegantemente ataviadas. Parecía un jardín de frescas y lozanas flores, en medio de la umbría, perdidas entre riscos”. A bordo foi servido un espléndido “lunch”, do que se encargou o focego Jesús Cageao, “Papaíto”, e alí correron o café e os licores; doces, pastas, chartreuse, xerez, coñac, champagne, refrescos, habanos, todo con gran prodigalidade, “sin distinción de personas ni de clases”, para rematar cun baile para a mocidade, amenizado pola comparsa e a banda. Era o día 10 de setembro de 1920. Hai xustamente 90 anos.

Foi éste, O Espiñeira, un fito na historia da construcción naval en Foz que quedou, como xa dixemos, na memoria popular. O noso dilecto amigo Suso do Siñeiro, no seu fermoso libro “Caminos y Caminantes”, dí: “Ahora (na Espiñeira) quietud y silencio. Tal vez, recreando los versos del poeta del Masma, “el silencio se oye / y él llama a la reflexión”, el silencio se escuche y el lugar vuelva a ser fiel reclamo de aquella època dorada que finalizó en los años sesenta”. Tal vez...
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES