Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Peche xacobeo

lunes, 18 de octubre de 2010
Hai previsto un acto de clausura para a celebración do Xacobeo, que poñerá punto final ás actividades do Ano Santo Compostelano, independentemente das celebracións relixiosas. Que as celebracións relixiosas teñen calendario aparte, e réxense por normas que non cambian doadamente.

A noticia de que este acto de peche das celebracións se vai celebrar en Asturias sorprendeu en Galicia, porque o máis lóxico parece ser que o acto de que se trate se celebre en Galicia, punto final de todos os camiños a Compostela.

A razón que pode esgrimirse a favor de Asturias é que dalí, de Oviedo, parte o Camiño primitivo e por esta vía comezaron as peregrinacións hai máis de mil anos. Pero do mesmo xeito que todos os anos se celebra este peche, sexa ano santo ou non, turnándose as autonomías polas que pasan os Camiños para ser marco desta celebración, non parece oportuno que precisamente este ano se celebre fóra de Galicia.

Parece que a celebración, que é responsabilidade do Ministerio de Cultura, leva tempo organizándose pero a Xunta de Galicia ten presentado a correspondente protesta e aínda pode haber novidades ó respecto.

Sendo este 2010 un Ano Xacobeo definitivo en termos económicos e sociais, solución alomenos parcial en Galicia para un especial tempo de crise, aínda se está a tempo de evitar cometer unha inxustiza con este país, e festexar por todo o alto en Galicia o remate do Xacobeo, que é o mesmo que festexar un suma e segue da presencia en Compostela de milleiros de peregrinos de todo o mundo, que seguirán a celebrar cada ano o seu Ano Santo particular.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES