Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desde Fonsagrada para o mundo

miércoles, 28 de abril de 2004
Non hai moito tempo, todo o que se refire a informática ou internet viña de Silicon Valley; toda a moda, de París; todo o cine, de Hollywood; e todo o cine de debuxos animados, da factoría Disney.

Pero as cousas cambian. Os avances informáticos están marcados por individualidades ou pequenos colectivos; a moda galega trata de tu a toda a de occidente; o cine hispano compite en calidade con calquera outro, e o de debuxos animados ten a súa orixe básica na aldea de Cereixido, na Fonsagrada, desde onde saíu hai anos Julio Fernández, patrón de Filmax, para conquistar boa parte do séptimo arte hispano.

Asentada a súa factoría de debuxos animados en Galicia, Julio Fernández –despois de El Cid- lanza ó mundo Pinocho, como directísima competencia ós grandes do cine debuxado de todo o mundo, convertindo esta esquina nun pequeno Hollywood, que pensa en galego e alcanza as cotas máis altas.

É un síntoma perfecto triunfar de volta. Porque Julio Fernández, primeiro foi emigrante. E agora –sen esquecerse da Cataluña que o acolleu- volve a Galicia a facerse oir (e ver).

Noraboa Julio Filmax Fonsagrada. ¡E a seguir!
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES