Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Políticos e política

martes, 12 de octubre de 2010
Hai uns días, en Foz converxeron as miradas de moitos medios informativos, especialmente os audiovisuais da capital de España, porque presuntamente nun hotel desta localidade lucense pasaba uns días o marido da televisiva Belén Estéban, á que unha enquisa lle asigna un moi importante papel no noso futuro no caso de que decida dedicarse á política.

É penoso o panorama dun país onde se estima que os políticos son un dos problemas a resolver cando deberan ser a solución, e unha televisiva famosa polos seus amores cun toureiro pode chegar (Sigma Dos dixit) a ter grupo político propio e ser chave na formación do futuro goberno nacional. Esta irracionalidade é o froito dunha enquisa seriamente planteada (na forma, que non no fondo) sobre unha mostra de 3.200 persoas máis entrevistas na rúa a outras 800.

E parece ser que varios políticos se interesaron xa por esta persoa, ata agora allea á política, polo seu potencial de cara a unhas posibles eleccións, nas que en lugar de xogarnos o futuro a base de votos parece que o imos xogar á ruleta rusa.

Se a política é a arte de facer posible o imposible, á política lle temos cedidos todos os dereitos sobre o noso futuro, e se a política anda como anda, non é extraño que a nivel popular se teña o criterio que se ten sobre os que se dedican á política.
A todo esto, seria conveniente que os políticos serios se pronunciasen en relación coa situación da política e co resto dos políticos, porque por uns cantos estase a xulgar a todos. E todos saímos perdendo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES