Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un encoro que nunca se debeu construir

lunes, 11 de octubre de 2010
O río Umia, ás portas de Caldas de Reis, esborrallábase entre penedos formando a belísima fervenza de Segade que lle daba valor ao lugar, ao que se chegaba por un agradable percorrido que cruzaba un muíño e unha cheminea que se erguía orgullosa para lembrarnos que alí, ao perecer, construíuse a primeira central hidroléctrica de Galiza. Un lugar, onde este patrimonio tradicional formaba parte dunha frondosa natureza que escenificaba, co río e fervenza, toda súa fermosura para goce principalmente dos habitantes da zona pero tamén para todos os que a amamos.
Pero un día, o entón presidente da Xunta de Galicia, Fraga Iribarne, considerou que iso da beleza é cousa de poetas, que os humanos estamos para cousas prácticas polo que do que se trataba era de abastecer de auga á bisbarra do Salnés e de paso regular o río para evitar as enchentes que se producían en tempos chuviosos. Así que a deixarse da natureza viva e penetrarse na materia morta, polo que o que había que facer era un encoro, disfrazando o interese privado de interese público. E así se fixo, para total satisfacción da empresa no seu aproveitamento hidroeléctrico, verdadeiro fin da obra, porque da regulación do caudal do río nada de nada, cando pouco despois de aprobar o proxecto sacaron a concurso a licitación para un estudio precisamente para regular os desbordamentos de auga ao paso do Umia por Caldas.
Porén, diante esta aberración ambiental de tal contorna, xurdiron cantidade de poetas, o que deu lugar en Outubro de 1995, cando se decataron da inminente construción do encoro, á constitución da Coordinadora Anti-Encoro de Caldas, Cuntis e Moraña representando a múltiples sectores cidadáns destes concellos, tanto políticos, como culturais, comercias e de veciños en xeral, que comezaron unha desigual loita, contra esta iniquidade.
Foi unha loita sen cuartel durante varios anos, utilizando tanto a palabra, a denuncia, o razoamento, a argumentación, o xuzgado; como a protesta física, con marchas, folgas, boicots, ocupacións de fincas, manifestacións masivas… De tal xeito, que nestes anos a Coordinadora foi un símbolo para toda Galiza da defensa da nosa Terra como espazo para gozar e non como sumidoiro para lucrarse os que viven da súa continua desfeita. Por iso a Coordinadora foi recoñecida pola Irmandade Moncho Valcarce no ano 1998 co ese premio que concede anualmente: pola Defensa da Terra.
Pois ben, a pesares da heroica mobilización da Coordinadora, o encoro físoxe e resulta que agora deu lugar a aparición nas súas augas dunha alga tóxica estival que as pon de cor verde, inutilizables para beber nin para nada, ou máis ben para poñer en grave risco a saúde cidadán dos habitantes do Umia. De xeito que os mandatarios municipais se viron obrigados a interromper o subministro desas augas que, precisamente, se dixera que eran para abastecer aos habitantes da bisbarra.
Os poetas tiñan razón. O absurdo gasto nunha horrible obra de cemento armado, destrutora ambiental e perigosa para a saúde humana, amosa unha vez máis o sen sentido co que gobernan os que a pesares de viaxar, ver que se fai nos países máis desenvolvidos, ter altos estudios, incluso escribir libros, seguen sendo incultos. Non acaban de entrarlles nos miolos que a cultura non é nada diso se non que é, sobre todo, impresionarse ante a beleza, porque dela é de onde pode xurdir a verdadeira riqueza: vivificadora, humanizante, saudablemente produtiva. Destruíla, é fundirnos na amargura dun país desnaturalizado, chabacano, desleigado, onde os poetas fenecen e os charlatáns afloran.
Agora a Coordinadora renace das súas cinzas, e con toda a razón histórica esixe a demolición dunha obra que nunca se debeu facer.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES