Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carolina non sabe

martes, 27 de abril de 2004
Carolina non sabe cándo é o día dos dereitos humanos, nin o día mundial sen tabaco; nin o día internacional da paz; nin o día da bicicleta; nin o do xurelo de Cambados ou o do pemento de Padrón, ela non está ó tanto destas celebracións tan sinaladas no calendario. Sen embargo ela si sabe, cando o neno máis pequeno ten clase de ximnasia e lle ten que ter preparado o chándal, ou cando o maior quere saír de marcha e precisa sempre aquela camisa negra que nunca está ben pasada. Tamén sabe de ter a comida tódolos días para as dúas e con pouco sal a carne que o home ten o colesterol un pouquiño algo, sabe de erguerse nas noites de gripe e de sarampelo, sabe tamén dalgunha bofetada que outra, de correr para o colexio falar cos profes dos pequenos (o que chorou aquela vez que lle expulsaron o máis pequeno tres días), sabe de face-las camas, de non parar en todo o día, de ir da casa ó super, do súper á casa, logo á dos sogros que xa van vellos, de cas dos sogros ó banco, sempre da zeca para a meca. Sabe de multiplica-los pans e os peixes para chegar a fin de mes con algo de sobra para unhas deportivas novas para os rapaces, ¡ou os seus fillos non han ser coma os outros!

Hoxe mentres o seu Paco comía a carne cocida con pouco sal e ela estaba xa preparándolle o café, no parte da primeira saíu unha noticia dicindo que era o día da muller traballadora, sen saber moi ben por qué púxose contenta de saber que a alguén se lle ocorrera dedicarlle un día ás mulleres traballadoras e díxolle a Paco – ¡Ai ho! hasme ter que facer un regaliño que hoxe é día das mulleres traballadoras-. Paco seguiu mirando para a televisión sen dicir nada e só despois de lava-lo pocillo cunhas gotas de Espléndido dixo –mulleres traballadoras son aquelas que traen un soldo para a casa-.

Carolina non dixo nada, púxose a fregar a louza no vertedeiro e as bágoas foron facendo espuma e algunha que outra pompa cando se mesturaron co Fairy que lle botara á pota de coce-la carne sen sal, xa sabedes, por aquelo do colesterol un pouco alto.
Ansemil, Xosé Luis
Ansemil, Xosé Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES