Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Traballando no carbón

lunes, 04 de octubre de 2010
Andan os especialistas nadando en suspicacias sobre se o Presidente Zapatero pretende axudar á industria extractiva na súa terra natal, perxudicando de paso outras zonas polas que non tería a mesma querencia. Costa traballo pensar que algo así pode suceder, pero os afectados teñen todo o dereito do mundo a especular sobre as razóns
dunha aparente inxustiza.

Hai moi poucos anos que as centrais térmicas de Meirama e As Pontes, agotados os xacementos de carbón que no seu momento motivaron a instalación destas industrias, se acomodaron técnicamente para poder queimar carbón de importación, e neso están, funcionando primordialmente en base á chegada de carbón do exterior, sendo moito menos contaminantes que as centrais tradicionais.

O decreto do goberno concedendo axudas á producción do carbón nacional ven solucionar un problema laboral existente especialmente nas terras de León, e non habería nada que obxectar se se tivese planificado en tempo e forma e non perxudicase ás instalacións que utilizan outras fontes de enerxía con plena complacencia da administración, chegando a verse abocadas ó peche coa conseguinte traxedia para as zonas afectadas, que resultan ser as nosas, precisamente nunha bisbarra que ten sufrido importantes reconversións no decurso das últimas décadas.

Non é posible que unha administración tome de repente unha medida coma esta, que perxudique gravemente a un sector que xenera innumerables postos de traballo, e dos que depende unha rexión especialmente sensible. Pero se non é unha medida tomada de xeito irreflexivo, parece ser este decreto non unha medida “a favor de...” senón, de paso, “en contra de....”, en contra dos intereses de Galicia.

Sempre é bo momento para reflexionar, especialmente cando sería unha medida inxusta, intempestiva, agresiva, dentro dunha crise xeral de todo o sistema. Sería unha medida de aparente axuda ós que traballan no carbón nacional, apoiando unha industria que languidece, facendo desaparecer empresas e instalacións industriais que se esforzaron por acomodarse ós novos tempos, perfeccionarse tecnoloxicamente, e manter un tecido empresarial xurdido arredor duns xacementos que remataron esquilmados, co perigo de deixar sen traballo a xentes que teñen sufrido desarraigo, contaminación e alteración do medio e do seu xeito de vivir.

Polo ben de todos, Galicia agarda solución para un problema que se crea pretendendo dar solución a outros problemas e outras zonas do mesmo Estado. O carbón, que tanta riqueza ten producido, é agora causa de problemas que cada día se agudizarán máis.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES