Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O soldo da muller

viernes, 24 de septiembre de 2010
Criamos superadas todas as barreiras, e mesmo excesivas as proteccións que se refiren a cuestión puramente femininas, dedicadas a superar diferencias ancestrais, que estimamos xa non existentes polo que as normas diferenciais serían superfluas ou alomenos fóra de contexto.

O ministerio de Igualdade analisa periódicamente a situación do mundo laboral polo que se refire á relación entre os dous sexos, e constata que aínda existe unha diferencia que nestes momentos está aínda no 14% entre os salairos que perciben os homes e as mulleres. As mulleres perciben, polo tanto, arredor do 86% do que os homes reciben por igual traballo en similares circunstancias.

Esto, polo que se refire a Galicia, xa que o promedio nacional está no 16% polo que os ingresos das mulleres están no 84% dos que os homes perciben. A porcentaxe mellorou notablemente nestes últimos anos, e mellora en dous puntos a obtida a escala europea,dun 18% de diferencia.

A fenda, que foi moito maior en anos anteriores, foise reducindo sendo esta diminución máis modesta os últimos anos, tendendo a unha por agora difícil igualdade que aínda tardará en producirse.

A diferencia retributiva é menor canto máis alto é o nivel de posto de traballo, e o camiño emprendido parece resultar o correcto porque cada vez estamos máis preto da meta da igualdade económica e social, para obter igual salario por igual traballo, independentemente da identidade de quen desempeñe unha función.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES