Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Campos de futbol

miércoles, 22 de septiembre de 2010
En tempos non lonxanos que procuramos arredar da memoria, o fútbol viña ser considerado pola progresía como o “opio das masas”, que o rexime imperante subministraba abondosamente para adormecer sentementos que puidesen ser contrarios á “normalidade” vixente.

Houbo transición á democracia, e democracia mesma, e leva asentada moitos anos pero o fenómeno do fútbol non deixou de aumentar en cantidade e cualidade. E os clubes investiron nos mellores xogadores do mundo, o espectáculo fíxose universal, os medios de comunicación de masas entenderon o influxo e o negocio, e na actualidade o fútbol é o noso pan informativo e anímico de cada día, colmador das maiores apetencias, posible adormecedor de moitas outras querencia.

A linguaxe de cotío está influída polo fútbol ata extremos inimaxinables hai poucos anos. E este mesmo verán, para mencionar os danos causados nun incendio forestal resumíase para os non entendidos a indicar a equivalencia con campos de fútbol. Se se mencionaban os metros cadrados, traducidos cada dez mil a unha hectárea, a hectárea deixaba de ter personalidade para convertirse nun “campo de futbol”.

Os danos dun incendio viñan representar como se se queimasen “X” campos de fútbol, o cal ven reducir as posibilidades intelectuais teóricas dos destinatarios da información a unha cifra ben por debaixo dunha media tamén teórica. Sabemos todos que a superficie dun campo de fútbol, é de preto de dez mil metros cadrados, que casualmente é unha hectárea, pero a comparación é, como mínimo, como a tradición quere, certamente odiosa.

Claro que este simil xa se viña utilizando con anterioridade á vaga de incendios galegos, e tamén Greenpeace no seu informe “Destrucción a toda costa 2010” menciona que cada día se destrúen en España o equivalente a 7,7 hectáreas de costa, equivalentes a oito campos de fútbol.

Certo que así o entendemos todos con meridiana claridade, pero é unha tristura que alguén poida pensar que só de futbol vivimos os humanos, e só o idioma do fútbol é quen de ser entendido por todos nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES