Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aniversario do 11-S con polémica

martes, 14 de septiembre de 2010
Desde o Preguntoiro: Aniversario do 11-S con polémica

Outro aniversario do 11-S e este planeta xa non é o que foi desde aquel día. Trataron de meternos o medo no corpo para xustificar a barbarie. Así foi, comezouse a aniquilar milleiros de persoas inocentes.

En 2007 a axencia británica de sondaxes de opinión Research Business dera a coñecer os resultados dunha pescuda: Un millón duascentas mil persoas foron aniquiladas en Irak desde marzo de 2003, cando EE.UU invadiu ese país que nada tivo que ver co derrube da torres do 11-S. Hoxe, as vítimas superan o millón e medio.

Este xenocidio non deixa de ser unha responsabilidade exclusivamente de USA e daqueles moinantes, lacazáns, larcháns e falcatrueiros que controlan os grandes negocios das armas.

Estes días, ante a imparable marea de buscadores da verdade do 11-S, os sumidoiros de Washington ocorréuselles de crear dous cortalumes, un, a famosa mesquita preto do lugar das torres, e dous, o “pirado” pastor extremista Jones queima coranes. Obxectivo acadado, os medios tivéronnos unha semana cos dous temas para evitar que se falase da grande mentira do século XXI. Hoxe unha inmensa maioría de americanos sospeitan que non houbo tales atentados, senón que foron auto ataques. Non entanto, o que non sae nas T.V non existe.

Neste aniversario os do imperio no lembraron a eses millóns de mortos como fan tódolos anos coas vítimas do 11 S. Non o fixeron. Para eses gobernantes só existen mortos bos e mortos malos ou invisibles. Ou sexa, vivimos no opio da incultura instigada polos lingoreteiros da nada.

Dicía Goobels na Alemaña nazi: “...toda propaganda debe ser popular, axeitando o seu nivel intelectual á capacidade oínte dos menos intelixentes a quen se pensa que vai dirixida...”. Esta técnica psicolóxica de masas foi seguida polo imperio desde o ataque ás Torres Xemelas para a construción dun inimigo abondoso de petróleo.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES