Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A 'Intrahistoria' en Vilaxoán

viernes, 10 de septiembre de 2010
Miguel de Unamuno introduciu a palabra “intrahistoria”, referíndose á comparación da historia oficial, aquela que sempre aparecía nos xornais, en oposición a esa memoria das xentes do pobo, neste caso a mariñeiros e mulleres do sector primario do mar. Colectivos marxinados historicamente, “xentes sen historia oficial”.

Estes días en Vilaxoán iniciouse a recuperación desta “intrahistoria”, cunha iniciativa de desenvolvemento da Praza de Abastos a través da cociña e da música de “Sabores e Saberes” por parte do Concello e Colectivos da vila. Aquí estase a lembrar e agasallar a os mariñeiros máis antigos, as redeiras, pescantinas e taberneiras onde todos eles levaron moitos anos loitando coa súa digna profesión. Son persoas anciáns do pobo que co seu sacrificio diario fai moitos anos acadaron levar adiante a súas familias e ao mesmo tempo estiveron sempre dando o “callo” polo ben do seu pobo. Se temos en conta as condicións nas que sempre traballaron, coido que merecen todo o noso respeto e admiración, é máis, merecendo ese agarimoso recoñecemento público polo papel que desempeñaron no pasado. A todos estes homes e mulleres que fixeron historia en Vilaxoán dicirlles que teñen o meu agarimoso respeto e saudalos pala rúa cun sincero sorriso.

Desta sinxela tribuna tamén quero darlle os meus parabéns a tódalas persoas que levaron o facho desta iniciativa, logrando que a “intrahistoria” das xentes agasalladas polos seus méritos ao longo das súas vidas convertérase en historia oficial.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES