Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mal o goberno francés, pero o rumano que?

miércoles, 08 de septiembre de 2010
Independentemente das razóns espureas que pode haber na masiva expulsión dos xitanos rumanos en Francia, porén gustaríame facer algunhas consideracións diante as numerosas protestas contra este feito , sen dúbida con toda a boa vontade pero tamén con certa demagoxia á que é tan proclive a intelectualidade e a burguesía progresista, sen esquecer tamén os intereses electorais da social-democracia.
Terra de acollida si, integración tamén. Pero non hai terra de acollida se unicamente serve para plantar chabolas ou infravivendas e aí te quedas. E non hai integración se o que se lles ofrece a estes chabolistas é vivir da caridade pública ou privada. Isto ocorre en Francia,(como tamén en Espáña) con miles de xitanos rumanos e non se coñecen contundentes manifestacións por elo.
Rumanía é un estado pertencente a Unión Europea. Democrático e recoñecedor dos dereitos humanos universais. É dicir nada que ver cun país africano autocrático, inestable, cunha poboación en extrema pobreza, esquecida polos seus propios dirixentes, coa única saída que a fuxida en patera na procura do primeiro mundo -principal causante da súa miseria- para poder subsistir.
A obriga de Rumanía, entón, precisamente por posuir unha minoría étnica tan importante como a xitana (fálase de dous millóns), é mellorar as súas condicións de vida e aportar os medios para a integración na súa propia terra. Pero se o que sucede é que miles de esta etnia abandonan o pais pola miseria na que viven, quer dicir que o goberno rumano fai moi pouco por ela e non vexo manifestacións en Rumanía contra isto. Pola contra cantidade de rumanos están encantados de que se vaian do país e non volvan, e os mesmos gobernantes posiblemente vexan nisto unha liberación.
Os problemas dun estado da UE deben ser asumidos por todos os seus compoñentes e, ao parecer, Rumanía recibe catro mil millóns de euros dos fondos europeos, e desta cantidade unicamente gasta na integración das súas etnias, que hai varias, o 0,4 %. Polo que se ve non hai moito interese en solucionar a vida desta xente no seu lugar de procedencia.
Na UE a liberdade de circulación dos seus membros para vivir e traballar en calquera dos seus países é un dereito que ben vido sexa e do que están gozando cantidade de cidadáns. Pero se o que se pode considerar como opcións persoais libremente elixidas, segundo os proxectos de vida de cada quen, se converten en imperiosas obrigacións de sobrevivencia, como o caso das minorías étnicas, o da libre circulación é un conto chino, e o que hai é emigración, éxodo puro e duro. E isto, cando procede masivamente dun estado soberano da UE, dalgún xeito é un fracaso do seu goberno, neste caso do rumano.
Polo tanto, a Francia o que é de Francia pero a Rumanía o que é de Rumanía. E, tamén, a UE o que é da UE, de xeito que máis que culpabilizar individualidades e eludir o problema aludindo á libre circulación das persoas, o que debe facer é asumir a súa responsabilidade como colectividade e aceptar a existencia dun grave problema coas etnias, actuando en consecuencia coa efectividade necesaria para impedir que o seu desborde remate deteriorando perigosamente os valores democráticos dos seus cidadáns.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES