Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mandiá: Hai 111 anos (I)

martes, 07 de septiembre de 2010
O día 11 de setembro estamos de festa en MANDIÁ: SANTA UXÍA. Por certo, este é o nome máis elixido actualmente para as nenas, segundo un estudo publicado hai poucos días.

A Sra. Carme do Crego tiña 104 anos. Cando eu a ía visitar falábame moitas cousas dos seus tempos mozos. Mas o que mellor recordaba era todo o vivido na súa infancia. Sempre me dicía moi fachendosa: “Eu nacín no mesmo ano que se fixo a Igrexa de Mandiá”.

A min aquilo de ser tan antiga como a nosa igrexa causábame un aquel de admiración e respecto e daquela decateime, unha outra vez, do moito que estamos a perder ao non escoitar máis aos nosos anciáns. Eles son as mellores testemuñas da nosa historia vivida. Cando despedimos a un ancián/á, perdemos unha persoa de nós e con ela pechouse un arquivo de inmensa valía.

A nosa festa ben merece adicarlle uns minutiños para saber cousas das nosas cousas, para contarllas aos máis novos, aos que queiran vir celebralas connosco ou mesmo aos que gusten de saber de nós e teñan curiosidades, aínda sendo de lonxe.

A igrexa da que falaba Dª Carme Santiago foi inaugurada oficialmente o día de Santa Uxía, a nosa Padroeira, no ano 1899. Velaquí a fonte e o testemuño escrito:
“NUEVA IGLESIA”.- “Cuenta general de los ingresos y gastos de materiales, efectos y jornales del nuevo templo parroquial de Santa Eugenia de Mandiá, cuyos trabajos de destierro y cimientos comenzaron a mediados de Mayo de 1898, y cuya primera piedra se colocó en sus cimientos el día trece de Junio del mismo año, y aunque sin concluir sus caleados exteriores, y otras obras accidentales, se inauguró el día de la Patrona, once de Setiembre de 1899”. (Libro de cuentas de la fábrica de Santa Eugenia de Mandiá y anejos San Pedro de Leija y Marmancón, folio nueve vuelto).

Vaia por diante o noso agradecemento para cantos fixeron posíbel esta xoia da que estamos tan ledos e oufanos e que sempre é motivo anual de celebración.

Foi Don Joaquín Selle y Pérez, aquel noso santo e excelente Párroco, quen desde 1893 ata 1924 rexeu con tanto acerto esta freguesía, o que se puxo á fronte de toda aquela actividade. Tivo momentos ben difíciles que soubo levar con bondade e moita paciencia. Descansan os seus restos no panteón do noso cemiterio parroquial. Querémoslle.
Venerámolo. Algún día faremos un memorial de honras para toda aquela xeración a quen tanto debemos.

Como os datos son abundantes e todos eles interesan, irémolos dosificando en entregas sucesivas. É un outro xeito de celebrarmos Santa Uxía e honrar a Mandiá.

111 anos son xa una historia. Mandiá ven de moitos séculos atrás, de cando o reino suevo: O Vilar ou Casal do Sr. Mandila. Por iso tiveron de facer unha igrexa nova. A antiga xa non podía máis a pobre. Mas salvaron o mellor dela. Falaremos.
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania