Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Romanciño da montaña

lunes, 06 de septiembre de 2010
Romancio da montaa O pasado día 21 de agosto, convocados polo Padre Mato, tivemos a festa da auga en Busnullán, Sabugos (Pedrafita do Cebreiro). Nesta xuntanza extraordinaria, vivida con moitísima alegría, rendeuse honra e homenaxe aos cantos e bailes da Montaña e ás persoas cantadoras e bailadoras, que nos deixaron unha pegada impagable. Foi unha oportunidade fantástica. Un sábado enteiro inesquecible. Para ise día, co recordo do finado poeta de Paradela, Manuel Rodríguez López, naceron dous romanciños.

Romanciño da montaña

Á Montaña traio
un aire cantado,
ferreñas de maio
no día grelado.

Un, ai, rebuldeiro,
requinta completa;
un chouto pandeiro
e alma de festa.

A voz no estreito
o dicir frenado,
no agosto que arde
honrando o cantado.

Honra ó ben bailado,
aos cantos de historia.
Ás almas senlleiras;
á súa memoria.

Aquí vimos todos
con risas nas cestas,
pra cantar os nósos
coas portas abertas.

Deixáronnos cantos,
deixaronnos bailes;
nada nos costou,
todo foi de balde.

Á honra da danza,
honra do cantado.
Romance discreto,
romance estirado.

Romance estirado
(Na honra dos cantores e danzantes da Montaña)

Gaspar cantou e cantaba
polo fino e polo sabio.
Tan ben cantaba Gaspar,
que sendo inverno pechado,
as augas enmudecían
nos couseliños do prado.
Como serían os cantos
de Gaspar das Teixoeiras,
que na horta adormecida
floreaban as maceiras.

Romanciño cantador.
Romanciño cantareiro.
Constantino, bailador,
ao son dun canto primeiro.

Como bailaba Sabela,
Sabela, ¡como bailabas!,
que a campá de Busnullán
desfacíase en palabras.

Eladio do Freixo é
cantor de canto racial,
pón a Sabugos de pé
co seu cantar inmortal.

O Manuel de Paradela
non pode nin anotar
tanta verba ben cantada
nos cumios do celestial.

Os santos, xa non son santos,
que se fixeron humanos
cantan e bailan, gozosos,
coma bos santos cristianos.

Dese mundo vén ao mundo
un recado en si bemol,
para que cante Delmiro
ó Hospital e Vilasol.

Para que baile Xosé
compás de xota ou muiñeira,
nun solitario bailar
ou buscando compañeira.

Alicia, Celia e o Pipas,
e María do Ferreiro.
Que canten todos, se poden,
neste agosto do Cebreiro.

E bailen, tamén, se queren,
os reiseiros sen nombrar,
que se nos falta o cantar
e esvae o baile gracioso,
vai ser unha escuridade
nun vivir ben tenebroso.

Esta xunta é un rezar,
en rodas da mesma roda.
É a grande Misa Maior,
no corazón dunha troba.

Gzlez.Vigo, Marcial
Gzlez.Vigo, Marcial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES