Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quen fora catalán

viernes, 16 de abril de 2004
No debate da investidura do novo Presidente do Goberno, a catalanidad deume unha profunda envexa, polo trato de favor recibido.

Non pola confesada devoción de José Luis Rodríguez Zapatero polas cores do F.C. Barcelona, senón pola atención merecida por esta nacionalidade no debate referido á totalidade da problemática do estado español.

Non vin ou escoitei, lóxicamente, todo o debate. Por eso perdinme a mención ó Plan Galicia que –polo que parece- foi pobre e de pasada. Sí escoitei a últimas horas da tarde as palabras de Zapatero relativas a Cataluña, o seu idioma e o seu futbol; a atención que lle vai merecer no futuro... Só lle faltou a mención de que fala catalán na intimidade, pero todo chegará.

Foi unha ocasión máis para doernos da falta de presencia galega na Cámara coa forza precisa para influir. En tanto, seguimos sen ser ninguén.

O precisar dos votos dos republicanos cataláns fai miragres. ¡Quen fora catalán! (ou ¡quen tivese a forza dos cataláns!)
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES