Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A miña man che dou

jueves, 26 de agosto de 2010
O Grupo A Quenlla, polo que non ocultamos fonda querencia, proclama nunha das súas históricas interpretacións a palabra de Darío Xohán Cabana feita canción: “ A miña man che dou, que é man de irmán”, dentro do poema “Verbas a un irmao.

Porque a irmandade, entre moitos xeitos de expresala, está en apoiarse, en darse a man, real ou simbólicamente, de xeito que, hoxe e sempre, neste país, dar a man pecha e pechaba un trato, reconciliaba as xentes, afirmaba relacións.

Nestas, que Francisco Vázquez, que foi Alcalde da Coruña e agora é Embaixador de España no Vaticano, lle nega o saúdo, lle nega a man, a Losada, ó actual alcalde, o seu continuador no cargo.

Ninguén entenderá o xesto, a pesar de que se explica por sí só.

Ninguén entenderá que dous políticos non se entendan aparentemente en público, máis se son do mesmo grupo ou partido, máis se un desempeña o cargo que o outro desempeñou.

O exercizo dos cargos públicos obriga a manter o tipo en todo momento, gardar as apariencias, cumprir co que os cargos esixen e o público espera dos que os desempeñan.

Pode Francisco Vázquez ter fondas diferencias co seu sucesor, pero nunca poderá –aínda que o faga- demostralas en público, porque os desplantes que a outro faga son outras tantas afrentas que fai á súa imaxe. Un político non pode negar a man ó seu alcalde, a outra autoridade, a un irmán. E se o fai, queda condenado diante de todos, como político e como persoa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES