Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As Festas do 15

martes, 17 de agosto de 2010
A Xesús Mato,
…cura de aldea,
home de Deus e tódala xente.
Home da Granfesta de cada día


As Festas do 15 de agosto estouran aquí en multiplcado folión e xantares moitos, en romarías enfindas no mar e na montaña, casi no ar e na terra, artellando ese festeiro carrusel de novos e vellos tiovivos, onde o “corcel colorado” do reencontro, da conversa esquecida, do baile sempre agarrado de mozas e mozos, de vellos e novos, de forasteiros e lugareños veciños, vencella a todos eles e a todos nós a compás desa Sintonía que, despois de todo, é consustancial coa miga e o cerne que nos define a tódolos galegos, sexa ao longo da” costa verdecente” ou ao ancho do inquieto interior, todos arroubados no berce que arrula o zoar do vento no estío ausente, ou o cordial “queixume dos pinos”, que Deus nos deu e o demo nos queima.
E aí está esa pastoral e urbanita coreogafía, cada ano sempre esperada e cada ano sempre puntual, de tantas procesións que baixan ou soben a Virxe María polos vales e montañas, polas chairas e as congostas , pola parroquia, pola infancia, pola mocidade cando o cura lle abre camiño e non fai o parvo; polas terras dos corenta, dos cincuenta, dos sesenta, dos setenta…e máis anos. Todos con aqueles pendóns, con aqueles estandartes, con aqueles ramos que compraran os antergos e aínda se sacan agora, por eles, por ela, pola Virxe do lugar. Hoxe e a pesar do tempo no que o señor de Augasquentes tén comprobado e avisado: “Ahora que la virginidad navega todavía/ como un barco vacío por oscuros telares/por oscuros devanes y sueños sin sentido/”. O señor de Augasquentes, José Angel Valente. A pesar diso, ou precisamente por iso. Porque no “fervor fondo da Festa esta, alguén aínda puido albiscar que non é tanto axioma o


“…eco
soez de sumergidas tradiciones
no expurgadas a tiempo”
e que só o é a medias e en grao diminuto o aloumiño escalofriante de quen corta a súa “partener” exclusivamente polo
“…vientre inopinado
donde súbito baja,
feroz y sofocante, el duro golpe
del corazón.”


Daquela, nalgures Festa do Carme mariñeiro; nalgures Festas patronais; en casi tódolos sitios íntimos apertura a algo máis do cotián e novo, aperta indispensable e obligada, por una vez lediciosa, a todos, mentras e cando deixen de repicar as campás. No pobo e co pobo, señor cura e señor alcalde. O mundo xunguido por un costume que ha deixcar de selo, para acadar a forza dunha”ocasión” e dunha fe que nos mova a máis acá e máis Acolá; a saír dun mesmo e “borbollar” bonhomía e boa vecindade nunha “ecumene” e nun “pago” global en absoluto excluinte de nada de de ninguén.


Festas de Agosto. Festa. Festíns. Iso.
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES