Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vándalos ou terroristas?

lunes, 16 de agosto de 2010
Seguro que aquela invasión dos pobos do norde que chegaron á península hai arredor de mil cincocentos anos causaron destrozos ben serios cando o nome tribal -vándalos- quedou como sinónimo identificador dos que arrasan con algunha instalación ou causan danos de importancia sen beneficio aparente para ninguén.

Pero apréciase unha moi importante diferencia con outro concepto sempre de actualidade, que abarca un territorio de ninguén ou de todos, denominado terrorismo que implica -ademáis de destrozos e danos a persoas ou ás cousas- tentar provocar na sociedade o medo dos afectados de xeito especial, e de todos os habitantes dun territorio en xeral.

Ambos conceptos mestúranse en acontecementos como o sucedido recentemente cando uns rapaces santiagueses se dedicaron a lanzar trozos de bloques de obras desde os pasos elevados da Autopista A-9 ós vehículos que circulaban por esta vía causándolles importantes destrozos e poñendo en perigo a vida dos conductores dos vehículos ós que lles afectou esta acción vandálica ou terrorista que as forzas da Ordel cualificaron de "chiquillada".

Os participantes nesta acción delictiva foron detidos e quedaron en liberdade con cargos en proceso que seguro se axusta á estricta legalidade pero é difíicil de comprender e asumir por unha opinión pública moi sensibilizada dos perigos da conducción, especialmente sobre os que sobreveñen sen participación algunha dos conductores.

O vandalismo dos participantes queda claro se se ten en conta que os danos causados polo lanzamento de restos pétreos de obras desde unha altura respectable sobre un desprevenido conductor son de por si importantes e poden ser irreparables. Pero o carácter terrorista da acción debería ser estudiado polas autoridades competentes na materia xa que o que pretenden os protagonistas dun feito así non é precisamente a tranquilidade dos que circulan por unha vía pública.

Cando a educación e o respecto ós demais non funcionan -e varios dos participantes son maiores de idade- a sociedade ten que actuar. Considerar unha "chiquillada" unha acción coma esta é como mínimo unha frivolidade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES