Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Touradas, identidade e cultura

jueves, 12 de agosto de 2010
Claro que hai connotacións identitarias no rexeitamento do parlamento catalán ás corridas de touros nesa nación, y continuarán, sobre todo naqueles sitios onde ademais da barbarie que significan, carecen de tradición, e onde, en tal caso, foron unicamente unha actividade minoritaria reducida a exhibirse en certas cidades, máis por obrigado cumprimento simbólico do español que por interese popular, como é o caso de Galiza.
Despois de aturar durante tantos anos a “España unha, grande e libre”, sometendo aos pobos do Estado a unha uniformidade folclórica baixo o símbolo da tauromaquia, coa intención de españolízalo todo, non é de estrañar que agora xorda unha rebelión tamén identitaria sobre esta actividade cando nada tiña que ver cos usos e costumes de moitas das nosas Terras.
Así, o territorio estatal foi bautizado co nome da “pel de touro”. Esa pel identitaria do español cubríanos ata os que estabamos cheos de vacas. O touro converteuse no símbolo por excelencia do español que ata enche as bandeiras roxigualdas suplantando ao emblema oficial. E os cidadáns pasamos a ser para os estranxeiros un pouco toureiros (ah! espagnol, toguego, olé!).
Nas películas norteamericanas cando aparece España nunca poden faltar os touros, e no último telefilm dos inmortais na televisión, o actor Sean Connery, representando a un inmortal español, aparecía uniformado cun traxe de toureiro goyesco. Para o rexime da ditadura, a tauromaquia e toda o seu aparato foi un bo motivo para convertela en Festa Nacional, e facer dela un arma política de uniformación de identidade española e, de paso, divulgar esa referencia simbólica polo mundo adiante co obxecto de exercer un exótico atractivo turístico de interese pecuniario. Para mitigar a barbarie do acto nada mellor que xustificalo como expresión dunha arte e dunha cultura mitolóxica, aludindo incluso ao aval de artistas e poetas que reflectiron as touradas nos seus lenzos e nas súas rimas. Tamén foron pintados os fusilamentos da Moncloa do 3 de maio por Goya e Miguel Hernández versificou as cárceres. Ningún destes temas parece edificante. Unha cousa é a forma de expresión artística ou literaria e outra diferente o feito que describen.
Nin arte nin cultura, se non crueldade e tortura para un animal, e desprezo pola vida dun ser humano, como é o toureiro, ao que un escitado público incita a arrimarse o máis posible ao hastado se quere triunfar.

En definitiva, un morboso espectáculo de sangue do touro ou do toureiro que no colmo do cinismo algúns queren transformar en arte e cultura. Só faltaría que nos carteis taurinos se anunciaran as corridas de touros como artísticas exposicións de interese cultural.

A cultura é un termo polisémico que depende da materia académica na que se queira enmarcar. Se a identificamos cun primitivismo antropolóxico pois moi ben, pero absurdo na actualidade. Se o facemos na súa versión sociolóxica nada ten que ver coa idiosincrasia de grande parte das poboacións da xeografía hispana e menos aínda das naciónalidades históricas constitucionais, pero se o facemos atendendo simplemente a trazos tan elementais como son o progreso humano, intelectual, espiritual e social, as corridas de touros nada teñen que ver con iso, se non máis ben cun espectáculo de grotesca e macabra diversión.

Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES