Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Interior de Galicia

lunes, 02 de agosto de 2010
Lugo e Ourense forman parte do “interior” de Galicia, aaínda que a provincia lucense teña preto dun cento de kilómetros de costa e a Mariña lucense sexa un territorio vencellado de sempre a un mar que foi progreso e traballo. Pero a división de Galicia en dous bloques – oriental e occidental- marcou tamén a diferencia entre unha Galicia desenvolvida que corresponde as provincias de A Coruña e Pontevedra e unha Galicia necesitada Dunha forte impulsión, nos territorios de Ourense e Lugo.

De feito a Galicia desenvolvida está cruzada por autovías e autoestradas, de xeito que a comunicación entre as súas cidades e comarcas está garantida, e permite o tránsito de persoas e mercadorías en condicións acordes con estes tempos. A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra e Vigo están unidas por vías de comunicación –de pago ou non- modernas, que evidencian o interese dos gobernantes no progreso da rexión.

Tamén Lugo e Ourense gozan de autovías, pero só en función da Galicia occidental, xa que desde Ourense se facilitan as comunicacións con Santiago e Vigo, e desde Lugo con A Coruña e Ferrol, e a través das mesmas vías coa meseta.

Para vertebrar auténticamente Galicia, son imprescindibles e urxentes as vías Lugo-Santiago e Ourense-Lugo, co que entón poderá considerarse completo o mapa galego de estradas.

Non parece haber problemas polo de agora na estrada Lugo-Santiago, que é imprescindible para a conexión coa capital, que actualmente se ven facendo –despreciando as vías tradicionais- por autovía a Guísamo, e por autoestrada de pago de Guísamo a Santiago. O problema está na vía entre Ourense e Lugo, que pola malfadada crise que nos envolve ve paralizados os seus traballos coa conseguinte desazón de todos os afectados.

A efectos de comunicación, o interior de Galicia queda desatendido, menospreciado, agredido. Se a conexión entre Ourense e Lugo non se efectúa, e os traballos non se reanudan con toda urxencia, será evidente que só se contempla a existencia das dúas cidades do “interior” de Galicia en función e ó servizo do resto das cidades galegas.

Xa sebemos que en toda situación problemática os máis febles sofren a peor parte. Neste caso, se así é, que ninguén fale de xustiza, de progreso, de igualdade e de dereitos, que todo se verá conculcado.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES