Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Segura inseguridade

martes, 06 de abril de 2004
Despois do 11S, o mundo foi distinto, e todos nós soubemos que a nosa historia comezaba unha etapa diferente.

Despois do 11M, algo máis se rachou dentro de nós. Influíu a proximidade, o directo coñecemento, a sensación de inseguridade... E de novo cambiamos por dentro.
Froito deses cambios é a inseguridade que nos afecta, a preocupación que nos invade, a sospeita hacia o que nos rodea.

Unha mochila esquecida na estación de Monforte provocou que se desatasen preocupacións, nervios e investigación. Broma de mal gosto ou esquecemento que poden ocasionar grave alteración da convivencia.

Vivimos tempos difíciles. Que irán asentando se no noso contorno non se orixinan máis problemas nos próximos meses. Somos moi dados a esquecer cando a distancia temporal vai aumentando.

Só queda pedir que manteñamos a cabeza fría e non xeneralicemos problemas nin coidemos que todo o que é diferente a nós é peor que nós.

Temos psicosis de inseguridade. Inseguridade segura. Teñamos claridade de mente, polo menos, para sentírmonos firmes dentro da inseguridade que nos envolve.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES