Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempo de Mudanza

lunes, 05 de abril de 2004
O pasado domingo celebramos a festividade do Domingo de Ramos, pero tamén foi a festa do Queixo de San Simón en Vilalba, a Feira do Viño de Amandi en Sober, a concentración XuventudeGalicia.net en Santiago, que -en conxunto- non veñen ser máis que o preludio do gran tempo de mudanza que nos agarda nesta Semana Santa.

O servicios informativos lémbrannos que vai haber máis de vinte millóns de desplazamentos nesta "festa de recollemento" que imos vivir... Que ninguén está a gosto onde reside e precisa mudar de residencia temporalmente para sentir que está verdadeiramente vivo. Nunca tan separadas estiveron a teoría e a práctica, o sentimento relixioso e a ánsia festeira que esta Semana nos envolve. É tempo de mudanza física. Pero tamén é -segue a ser- tempo de mudanza espiritual. O importante é desplazarse por calquera vía e por calquera medio. O importante é alonxarse da realidade cotiá. O de menos é o motivo que ven ser disculpa.

Tempo de mudanza exterior e interior. ¡Que todos volvamos con ben!
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES