Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A sinerxia do equipo

miércoles, 21 de julio de 2010
A escola da vida: A sinerxía do equipo

A euforia española pola consecución do campionato do mundo de fútbol non tivo unha soa causa. O tiqui-taca, as boas vibracións entre os xogadores, a satisfacción dun desexo degoxado, a afectividade amorosa, o respecto por un modelo de traballo, e un longo etcétera doutras sensacións máis ou menos obxectivas foron máis xustificación que a simple obtención dun anaco de metal convertido en premio. A afección gozou co seu equipo porque por enriba de gañar fixo todo o demais. Iso é a sinerxía: a acción de dúas ou máis causas cuxo efecto é superior á suma dos efectos individuais.
A complexidade das profesións actuais fai que conseguir grandes logros non estea ao alcance de xenios solitarios. Cada vez máis hai un traballo de simbiose colectiva. Ata os que exercen tarefas individuais saben que os seus logros prodúcense pola colaboración doutros que non dan a cara publicamente, pero que favorecen os seus froitos. Da arrogancia do profesional do pasado pasouse á humildade do de hoxe. Ciclistas como Eddy Merckx ou fondistas como Mariano Haro, por pormos algúns exemplos, xa non terían cabida nas carreiras de hoxe, onde as estratexias se fan en función dos equipos. Esta nova filosofía de traballo tense que trasladar a tódalas áreas da vida, mesmo ás aulas, onde o traballo individual, a aprendizaxe memorística, a consecución do premio por riba e a pesar dos demais debe deixar paso ao traballo solidario, ao aprender a aprender e a que as conquistas sexan sinérxicas: alimentadas e asumidas por todos. Vitorias e fracasos deben compartirse. Xa non vale culpar a alguén dos fallos do conxunto. Aceptar a responsabilidade colectiva é asunto de todos os membros do grupo. Todo isto provoca unha nova forma de ver os rendementos: os éxitos afianzan a autoestima e o respecto colectivo e os fracasos producen a análise da eficacia das estratexias achegadas. Por iso, España valora a vermella en todas as súas dimensións, e de aí a súa euforia. Unha boa homenaxe a esta fórmula da complicidade entre o equipo e a súa afección estao a dar a selección uruguaia que vai achegar os seus beneficios económicos para a creación de escolas que formen a futuros campións. Esa é unha boa sinerxía entre o presente e o futuro cimentada no bo facer social.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES