Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O palimpsesto e o evolucionismo

miércoles, 21 de julio de 2010
Fixen un traballo recente encol do evolucionismo e decateime de que a “técnica” do palimpsesto serve, extrapolada, coma método nos traballos de investigación nesta leira do saber científico.

Palimpsesto é un termo co que se expresa o raspado das palabras escritas nos pergaminos máis antigos, para utilizalos e escribir de novo neles. Pero sempre queda algún vestixo do escrito orixinal, que os investigadores, con non pouco esforzo, tratan de recuperar para facerse co contido do texto antigo. O termo responde así a súa etimoloxía: palin=de novo, cara a atrás, e psao=fregar, limpar (ambos en grego). Por tanto, palim-psestos=fregados para escribir de novo.

Por iso, xustamente, dí Jerry A.Coyne, un biólogo evolucionista, no campo da xenética, que os organismos son palimpsestos da historia evolutiva, porque nos corpos dos animais e das plantas existen pistas da súa ascendencia, que son bo testemuño da súa evolución. E hoxe abonda pensar que no xenoma temos escrita gran parte da nosa historia evolutiva. Pero aínda hai moito máis en todo isto e non pouco interesante, porque da un status científico a certas leis evolucionistas, antes moi cuestionadas.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES