Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dous xeitos de medir

martes, 20 de julio de 2010
Bancos e Caixas empregan diferentes xeitos de medir segundo sexa o cliente. Esto estámolo comprobando a cotío nas nosas propias carnes, sexamos particulares ou representantes de pequenas empresas.

A vara de medir a relación destas entidades cos particulares é totalmente clara, requerindo avais e respaldos, de maneira que se unha débeda resultase incobrable terían abondosos mecanismos a utilizar para resarcirse con creces do risco experimentado e dos custos engadidos que se orixinasen.

Coas pequenas empresas o mesmo acontece, xa que se require o respaldo non só da Peme correspondente senón tamén dos seus accionistas, de xeito que calquera deles responde da débeda orixinada.

Coas grandes empresas visto está que non acontece o mesmo, xa que as débedas multimillonarias repercuten de forma ben forte nos resultados das entidades, e se se chegan a executar os cretos impagados as mesmas entidades crediticias cargan con infraestructuras difíciles de vender, xa polo arriscado plantexamento xa porque ó non ser o negocio directo de caixas e bancos carecen dos órganos especializados en comercializar esas non desexadas propiedades.

Pero os grandes clientes, poucos pero problemáticos, son os que producen os maiores quebradeiros de cabeza sendo permanente actualidade pola débeda, a dificultade de afrontala, as necesarias refinanciacións, e os problemas que crean á entidade que se arriscou na súa concesión.

Se as dificultades na concesión de cretos fosen proporcionais á cantidade concedida nada habería que dicir ó respecto, pero parece que as facilidades se producen en razón inversa, e canto maior é a cantidade e polo tanto o risco, máis facilidades para a súa concesión; menos requisitos personais e profesionais, como se bancos e caixas entenderan que a súa función é a de atender preferentemente ós “grandes” e apretar ós clientes máis modestos.

De cando en cando, no pecado levan a penitencia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES