Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todo paixón, coa Selección Española

viernes, 16 de julio de 2010
Todo paixn, coa Seleccin Espaola Chegou, viu e venceu. Así se portou a Selección Española no Mundial de Sudáfrica que estas semanas mantivo en vilo á sociedade do noso país. Máis ou menos afeccionados ao fútbol, amantes ou non do deporte, a meirande parte dos españois seguimos con devoción (e ata certo patriotrismo) os pasos no campo dos nosos xogadores, máis alá da pertenza a un equipo coma o Real Madrid ou o Barça, de por si rivais. Triunfou o compañeirismo. No estadio non había diferencias nesta empresa: gañar un mérito que non tiñamos, a estrela que agora brilla na camiseta de España. Despois de facer un percorrido por toda a cidade de Madrid, saíndo da Moncloa e pasando pola Gran Vía, Cibeles, Neptuno, Atocha, o Palacio Real, a Praza de España, etc., a Selección recuncou na Real Federación Española de Fútbol (RFEF), a onde se achegaron os siareiros para festexar a súa victoria no Mundial. Cada paso foi decisivo nesta intensa competición polo trofeo, tendo como consecuencia que se disparasen as vendas de camisetas vermellas de Adidas. Quen quedou sen a roxa? As cifras cantan e dicíase que tan só ata o pasado 1 de xullo xa se venderá máis de medio millón de camisetas oficiais, á marxe das distintas réplicas e outros modelos que pretendían tamén apoiar a cor da nosa Selección.
O partido contra Holanda era o decisivo. Chegando ata ese punto, a final, só nos quedaba gañar. Pero estivo ben difícil. O equipo contrario parecía contar co beneplácito do árbitro, quen deixou de sacar máis dunha tarxeta vermella aos xogadores procedentes dos Países Baixos e se comportou dun xeito inaudito durante todo o encontro. Golpes. Patadas. Faltas e penaltis. Pero neste encontro pódese falar do resultado acadado, 1-0, grazas ao golazo de Andrés Iniesta e á boa actuación de Iker Casillas, quen parou máis dunha situación complicada para España. A nosa selección venceu e pasou á historia. Por primeira vez a Selección Española fíxose co Mundial. Pero non sen tensión e nervos. A cervexa sabía un pouco máis amarga a medida que avanzaban os 90 minutos de partido e os 30 da prórroga, tremendo que houbera que chegar aos penaltis, onde a sorte faría máis que o traballo demostrado durante todo o Mundial. A piques de finalizar o partido España conseguía o seu soño, logo dunha final moi dura. Noraboa os 23 xogadores e o seleccionador, Vicente del Bosque polo traballo en equipo e o resultado tan desexado. A victoria agora é roxa!
Dende o bico que Iker Casillas lle plantou á súa noiva, a xornalista Sara Carbonero, tras a entrevista feita para Telecinco logo da saberse gañadores do Mundial os xogadores da Selección española, ata a febre desatada nos seguidores a raíz dos sucesivos partidos gañados por España despois de perder tan só o primeiro contra Suíza… o Mundial foi todo paixón. O porteiro do Real Madrid e capitán da Selección, San Iker, antes de levantar a Copa do Mundo, prometera que se gañaban cumpriría unha destas dúas cousas: ou raparse o pelo ao cero ou casarse coa súa noiva. Seguro que o pelo ben corto lle queda moi ben… Que se rape é o mellor. Iso é o que opinou tamén a súa parella. Semella que o da voda esperará, a menos que as bágoas de Iker (calificado coma o mellor porteiro do planeta), como as que vimos esvarando pola súa cara tras a victoria no Mundial logo de frear dous intentos de gol de Arjen Robben, fagan que se desate a paixón da súa moza.
Andrés Iniesta prometía pola súa parte facer o Camiño de Santiago. Aí tamén terá que poñer toda a súa paixón para levar adiante o ofrecemento feito. Conseguiuse un soño, aquel que se intuía co lema de ‘Todos a una con La Roja’, polo que agora hai que dar grazas. O pronóstico do polbo Paul, solicitado polo Concello de O Carballiño para mercalo por trinta mil euros, foi acertado. España enteira saíu á rúa para festexar o triunfo do noso fútbol, máis despois do partido disputado contra un Holanda que viña a matar, pegando golpes e patadas, facendo moi difícil o xogo que quería a nosa Selección, e todo diante da ollada impasible de Howard Webb, un árbitro que fixo caso omiso das agresións de Van Bommel e a vista gorda diante do ataque a Xabi Alonso.
Moitos vestimos a camiseta vermella e ata compartimos risos en instantáneas nas que nos atrevemos a portar unha réplica da famosa Copa do Mundial. O pasado 11 de xullo quedará na memoria como unha xornada histórica, para lucir no peito a estrela que xa tiñan Brasil, Uruguay, Arxentina, Italia, Alemaña, Francia e Inglaterra. Agora só queda gañar a Copa Confederaciones no 2013, o único título que falta e que se disputará en Brasil. Os 5 goles decisivos do Guaje, David Villa, xunto aos 2 tantos restantes de Puyol e Iniesta, xunto ás paradas de Casillas nos momentos decisivos dos encontros, fixeron do soño unha realidade. Gústame o lema de Adidas: ‘Impossible is nothing’. É certo. Nada é imposible. Só se trata de poñerlle paixón. E de que o vento sople ao noso favor.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES