Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Onde abortar?

miércoles, 14 de julio de 2010
A escola da vida: Onde abortar?

España é diferente, dicíase antes cando se nos comparaba cos países do resto do noso contorno. Pero esta máxima podería ser aplicada agora, aínda que habería que pórlle a apostila "e, dentro dela, cada comunidade tamén". Para mostra un botón: a recentemente inaugurada Lei Orgánica 2/2010 de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, popularmente coñecida como Lei do aborto ou lei de prazos.

Cando o Parlamento do Estado lexisla, faino polo seu poder de arbitrar decisións sobre algún aspecto concreto para normalizar a súa situación en todo o seu territorio. E aquí é onde as cousas non parecen ser como deberían ser. Así, ante a mencionada lei, saíron varias voces discrepantes, argumentando explicacións tan peregrinas como que será para o Estado pero non para a súa comunidade. As fórmulas manexadas para refutar a maior foron desde a desobediencia institucional, caso de Murcia, en que o seu máximo representante dixo que alí non se vai aplicar, ata o de Navarra, en que o seu presidente suxeriu que vai pagarlles ás mulleres que desexen interromper o seu embarazo para que o fagan fóra do seu territorio. Pero o maior órdago protagonizouno o Partido Popular, presentando un recurso ante o Tribunal Constitucional.

Todo isto é un pouco desconcertante que ocorra nun Estado de Dereito no que os seus representantes deben acatar as leis. Que cultura democrática teñen os nosos representantes para ir en contra das decisións parlamentarias? Estamos nunha ditadura bananeira?, ou aínda o que é peor: quedan partidos que confunden a política coa relixión ou o que é o mesmo as leis sociais como os preceptos relixiosos.

O que é pecado nunha relixión non ten por que ser un valor moral dentro dunha sociedade. Polo tanto, o que poden considerar pecado para os seus fregueses os dogmas relixiosos non teñen por que ser delitos nunha sociedade plural rexida polos seus valores democraticamente elixidos. Mesturar ambas as dúas cousas é non saber onde están os límites entre a moral civil e a moral relixiosa.

Se nos achegamos a outras cuestións, non obstante, as formulacións parecen cambiar radicalmente. E senón, por que entón os populares se opoñen a que algunhas mulleres leven o seu burka se a súa relixión non llelo prohibe?
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES