Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Retiros non espirituais

miércoles, 31 de marzo de 2004
A min paréceme ben que o Presidente da Xunta e os seus conselleiros e conselleiras se retiren a un convento os días previos á Semana Santa a meditar.

Neste ano o retiro é ó Hotel que está no alto de Monforte que perdeu o seu primitivo carácter relixioso para darlle dignidade a un establecemento hosteleiro que honra á honrosa rede nacional de Paradores de Turismo, pola que tanto fixo o Sr. Fraga no seu período ministerial sobre os temas da información e do Turismo.

Son retiros estes non espirituais senón mundanos, porque a fin de contas están pensados para cavilar sobre asuntos cotiáns aínda que os contornos fosen construídos para outros intereses.

A min góstame que unha vez ó ano os gobernantes galegos paren o ritmo diario de audiencias e xuntanzas, controlados todos polas chamadas apremiantes do terremoto-Presidente.

Xa non digamos se un día á Semana lles dese por viaxar de incógnito –dentro do que cabe- pola xeografía galega e escoitar, ulir e palpar, a realidade a ras de terra. Pero eso ó mellor é moito pedir.

Comece, pois, ese retiro non espiritual do Goberno galego en Monforte, chamado Monte-Forte desde hai 805 anos. E que algo da fortaleza se lles pegue nesta pequena estadía, que de pensar e falar no lugar axeitado sempre poden saír cousas boas.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES