Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Casa de Baixo

lunes, 05 de julio de 2010
Cando era pequena e pensaba onde me gustaría vivir cando fora grande, sempre viña o meu maxín unha casa grande, por suposto no campo...unha desas casas que as avoas teñen nas aldeas, porque alí sempre hai pan e uns queixos riquísimos, deses que se van polos pratos escorridos que da gusto velos… eso si, a miña non sería unha casa aburrida ¡que va! Eu viviría nunca casa leda, de cores, ou mellor dun so cor, morado por exemplo, e con debuxos de… ¡vacas! ¡si! ¡vacas enormes!, pero non unhas vacas calesqueira, serían vacas viaxeiras, coa súa cámara colgada ó lombo…
Na miña casa habería ademáis moitos bichos, a min sempre me gustaron moito os bichos, gatos, cans, cans e cadelas grandes, pequenas, co rabo roto, cos ollos grandes, pitas e galos… ¡Ah! E claro, unha burra, encántanme as burras, decidido… ¡terei unha burra que se chame Filomena! que é un nome ben bonito para unha burra, e seguro que ha ter un fillo que será coma un "Milagro"…
A todo o mundo lle encantará vir a verme ¡normal! E é que nos cuartos da miña casa haberá estrelas e nubes pintadas e xoguetes para todos e todas en cada unha delas, tamén grandes mecedoras nas que ler contos de princesas e aventureiras... e por suposto unha cheminea enorme no comedor para tomar un deliciosa tarta de queixo feita polas marabillosas mans da cociñeira do lugar, e xogaremos ó parchís nun cuarto de cores e sonará unha gramola enorme para ir durmir finalmente a unha gran cama con dosel, desas nas que durmen as raiñas…
¡que mágoa que falte tanto para sermos maiores!
... ¿ou non?...

www.casadebaixo.com
Corral, Cristina
Corral, Cristina


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Plus de altos cargos: Hai determinadas cuestións que resultan difíciles de explicar e máis aínda ...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.

PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
Obradoiro de Artesania