Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xigantes ou muíños

martes, 30 de marzo de 2004
Gamesa anuncia que vai construir un novo parque eólico no concello de Guitiriz, nas estribacións da Terra Chá lucense, para aproveitar eses ventos “que agallopan pola Chaira” (Manuel María dixit), e producir enerxía.

Don Quijote tería problemas por Galicia adiante para identificar os novos accidentes que xorden na paisaxe.

O vello cabaleiro coidaría que eran xigantes, e tería razón, polo tamaño e pola significación e resultados. Sancho xulgaría ver muíños, e tamén tería razón. Porque estes aeroxeneradores participan das dúas visións: Xigantes e muíños, nun tempo no que Quijote e Sancho terían dificultades de subsistencia.

Algúns movementos ecoloxistas non gostan destes artiluxios por estimar que inciden fortemente na paisaxe. Desde logo, moito menos que os embalses ou as térmicas.

Eu prefiro pensar que son muíños que están a moer enerxía; muíños xigantescos que aproveitan unha fonte de enerxía inesgotable e, canalizándoa, póñena en valor.

Non poido evitalo: A vista dun destes muíños xigantescos movendo as aspas prodúceme ledicia e un punto de sosego. Quixera pensar que se debe á miña visión que entendo situada no punto medio entre o idealismo de don Quijote e o pancismo de Sancho.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES