Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vázquez Taín

lunes, 29 de marzo de 2004
É unha “estrela” emerxente. Responde ó nome de José Antonio Vázquez Taín, é xuiz en Vilagarcía, e ten emprendido unha decidida loita contra o narcotráfico.

De novo é noticia porque saca a subasta –cun tipo de licitación de cero euros- tres barcos que foron apresados con cocaína a bordo.

Tiven ocasión de falar con él, e quedei gratisimamente sorprendido de atopar un home sinxelo, consciente de ser un funcionario que cumpre co seu deber, que fuxe das cámaras, dos micrófonos e da fama. Pero nunca poderá –a pesar de el mesmo- escapar a ese destino de sona porque o seu traballo concienzudo e tenaz nun tema tan “sonoro” ten esa servidume.

Ogallá chegue o momento en que non teñamos “xuices estrela”. Que non os necesitemos. Pero en tanto esa situación chega, teñamos quen dea a cara no momento e no lugar adecuados para saber –para que saiban os que teñen que sabelo- que a Xusticia está ahí para algo, e que o narcotráfico ten que ser perseguido con tódalas armas que a sociedade teña para evitar que sembre a morte nos estamentos máis sensibles desa mesma sociedade.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES