Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A hora dos concellos

jueves, 01 de julio de 2010
Hai moitos anos que os concellos tomaron a dianteira en canto ó papel da administración neste país, aproveitando axeitadamente o seu carácter de primeira institución, a situada máis preto do administrado por solucionarlle os problemas máis básicos.

Así os concellos fóronse desprendendo da tutela de outras administracións, que aínda se mantiveron presentes gracias ó seu papel subvencionador ou aportador de fondos para determinadas funcións que asumiron as institucións locais.

Así, os concellos fóronse cargando de cometidos relacionados coa atención á terceira idade ou á infancia, casas de cultura, centros sociais, escolas taller, seguridade cidadá, protección civil, e un moi amplo etcétera que percibía das administracións provincial, autonómica ou nacional, a compensación necesaria para poder sostes estes servizos.

Pero no momento actual as administracións están restrinxindo custos, cortando subvencións, adelgazando o aparato administrativo, e os concellos empezan a sufrir estreiteces, agudizadas pola práctica desaparición de ingresos por licencias de obras, que solucionaban boa parte dos ingresos previstos nos orzamentos municipais.

Medio cento de concellos galegos non teñen agora mesmo para aboar os gastos correntes, por moito que figuren previstos nos presupostos municipais, nin os soldos dos seus funcionarios e as pagas extraordinarios, e menos os gastos de carácter social, lúdicos ou de festas patronais, en situación que non recordan os máis vellos de cada lugar. De pouco vale que se rebaixen os soldos de alcaldes e concelleiros, que as apreturas aparecen en bo número de concellos deste país.

E nestas que aparece por Lugo o Secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías, que traía mensaxe para facer pensar, e na práctica abogou por unha maior presión fiscal de xeito que -aviso a navegantes- os concellos que queiran seguir mantendo o actual nivel de servizos poden ir pensando en incluir no próximo presuposto o correspondente incremento; o que en lenguaxe coloquial todos entendemos por “buscarse a vida”.

A hora dos concellos sonou hai moito tempo, e os concellos cumpriron. Agora, esíselles un paso máis: aumentar a presión para que o estado de benestar perviva, e conseguir a escala local financiamentos e fondos que ata agora viñan doutras institucións. Os concellos teñen que aportar máis -todos nós teremos que facelo- para que todo siga igual.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES