Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

DO 11 M Ó 14 M

viernes, 26 de marzo de 2004
Estamos nun mundo de siglas. 23F ou 11S eran e son cadansúa páxinas da historia nosa e do mundo, que con só mencionar número e letra quedaban patentes.
A esa lista están xa engadidas 11M e 14M para a nosa historia e para – como mínimo- a historia europea, como datas que marcaron cadanseu fito nas nosas vidas.
O último nese tema, hoxe – 26M- é se o 11M influiú ou non no 14M. José María Aznar considera que sí, que influiu dun xeito dramático. José Luis Rodríguez Zapatero opina que é indecente considerar que os resultados do 14M estean motivados polo 11M. Dous xeitos de ve-la vida que parece irreconciliables.
Todos temos formada a nosa idea en relación co tema. Pero o que sí está claro é que desde o 11 M ata este remate de marzo só pasaron dúas semanas e parecen vinte anos. E desde o 14M pouco menos, aínda que non houbese tempo para sentir manifestarse as súas consecuencias.
Do 11M ata hoxe, todo un mundo. Do 11M ó 14M, un fondo período de reflexión. E desde o 11M e o 14M en diante, unha España diferente poboada de xentes moito máis vellas, moi cansadas, que precisan –precisamos- envellecer un pouco máis para poder cavilar con frialdade.


X.X.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES