Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coa Igrexa atopamos, compañeiro Saramago

miércoles, 23 de junio de 2010
Desde o Preguntoiro: Coa Igrexa atopamos, compañeiro Saramago

"Estamos todos hundidos en la mierda del mundo y no se puede ser optimista. El que es optimista, o es estúpido, o insensible, o millonario". Coido que estas palabras ditas por José Saramago foi toda a súa vida un home honesto, insubornable e fiel as súas ideas ata o final.

Só un xornal arremeteu como un touro contra Saramago cun dogmatismo e odio que asemellaba á Inquisición. Estou a falar do xornal L´Osservatore Romano do Vaticano. Vindo desa “curia” que foi responsable e culpable de tantos anatemas, de tanta hipocrisía, de excomunións a esgalla, de mentiras, de amezades perigosas (Hitler,Franco,Pinochet, Salazar e outros) e de guerras en nome de Deus, non me asombra. Non poden nin teñen dereito a dar leccións de ética a ninguén e menos a un home que foi a pedra no zapato de tódolos poderosos deste mundo, unha pluma incómoda para os inquisidores do Vaticano e que chamaba ás cousas polo seu nome.

Que falsos e fariseos son algúns destes vaticanistas acusando a un home inxustamente, que sufría pola pobreza do mundo e todas as inxustizas que ollaba ao seu arredor, inclusive apoiando as causas perdidas ata o último intre.

Coido que non é moi cristián, ético e humanitario o cebarse con José Saramago despois de morto cando non pode defenderse.

Sobran inquisidores e faltan moitos Saramagos.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES